Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Editoras, co número 72-10-1983.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data 28 de decembro de 2016, a modificación dos artigos 1 (denominación), 3 (domicilio) 38 (disolución, fusión ou modificación) e 39 (liquidación bens asociación e remanente), así como engadir un artigo 40, dos estatutos da Asociación Galega de Editoras.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros da asociación editoras, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado que cumpran os requisitos que veñen recollidos no artigo 5 dos estatutos da asociación.

Asinantes: José Antonio Ballesteros Rey (presidente) e Belén López Vázquez (secretaria).

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego