Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 14 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio da cancelación do paso a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Refoxón, número 5.074.1 (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á sociedade mercantil Granitos de Penalonga, S.L., con último enderezo coñecido na estrada N-120, p.q. 597,6, 32411 Quins-Melón (Ourense), como titular, a cancelación de recurso de sección C) Refoxón número 5.074.1, xa que, tentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 83 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, procederase á cancelación do expediente.

Ourense, 14 de febreiro de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense