Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente, do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte do posto da Consellería no certame feiral SIC Gourmets, que terá lugar en Madrid do 24 ao 27 de abril de 2017 (expediente 12/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dun posto da Consellería do Medio Rural na feira Gourmets, que terá lugar en Madrid do 24 ao 27 de abril de 2017.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde a sinatura do contrato ata os cinco días seguintes á finalización do certame.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 132.231,41 €; IVE (21 %): 27.768,60 €. Importe total: 160.000,01 €.

Valor estimado: 132.231,41 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo L, subgrupo 5, categoría 1, estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano 4, CP 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 00 62 e 981 54 00 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=110483

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do 14 de marzo de 2017. A apertura dos sobres C terá lugar en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: requírese un compromiso de adscrición de medios persoais mínimos necesarios (artigo 64.2 TRLCSP).

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural