Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9964

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de exposición pública do Proxecto de expropiación do dereito de ocupación da edificación no recinto do colexio Lamas de Abade (DOC.9).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 3 de febreiro de 2017, acordou iniciar o expediente de expropiación, por taxación conxunta, do dereito existente no Proxecto de expropiación do dereito de ocupación de edificacion no recinto do colexio Lamas de Abade (DOC.9).

En cumprimento do disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o concello expón ao público o dito proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, ou desde a notificación individual, se esta é posterior, os interesados poidan formular as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Calquera interesado que poida resultar titular de dereitos de arrendamento ou calquera outro sobre os bens obxecto de expropiación deberá comparecer no expediente acreditando debidamente a súa condición e dereito, co fin de que poida abrirse expediente incidental para determinar a indemnización que, de ser o caso, lle corresponda.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (DEC/3997/2015, do 18 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivienda e Mobilidade