Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de licitación para a explotación do bar-cafetaría das instalacións deportivas do Casal.

Mediante acordo da Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de febreiro de 2017, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: explotación do bar-cafetaría das instalacións deportivas do Casal.

c) Duración do contrato: dous anos, prorrogable a catro anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Contraprestación económica ou canon:

O adxudicatario deberá aboar ao Concello un canon anual mínimo por importe de 300 euros (IVE incluído). As ofertas económicas efectuaránse á alza partindo da dita cantidade.

6. Garantía provisional:

Non se exixe.

7. Obtención de documentación e información:

Concello de Salvaterra de Miño, praza da Constitución, nº 1 (36450).

Páxina web: http://concellodesalvaterra.org. Poderán obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Teléfono: 986 65 81 26/986 65 80 82. Fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas:

As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse de luns a venres das 9.00 ás 13.00 horas, no Rexistro Xeral do Concello de Salvaterra de Miño, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

Os pregos de cláusulas admnistrativas e técnicas serán publicadas no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aquela outra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Criterios de adxudicación:

Son os establecidos na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentación necesaria:

Véxanse as bases que rexen o contrato.

11. Apertura de proposicións:

O día de apertura das proposicións fixarase no perfil de contratante ou taboleiro de anuncios do concello cunha anticipación de, cando menos, 2 días ao da súa realización.

12. Gastos de publicidade: a cargo do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 6 de febreiro de 2017

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde