A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión extraordinaria do día 23 de decembro de 2016, adoptou o Acordo 1/848, na parte dispositiva do cal se fai constar:
Primeiro. A aprobación da oferta de emprego público para o ano 2016, co número de prazas de persoal funcionario que figuran no anexo e coa indicación das categorías profesionais en que se distribúen.
Segundo. As bases das convocatorias que se van realizar conterán o sistema de selección que se determine, dentro do marco legal vixente, e terán que garantirse, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade consagrados na Constitución.
Terceiro. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
Lugo, 27 de decembro de 2016
A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal
ANEXO
Persoal funcionario:
– Grupo A1: escala de administración especial. Número de vacantes: 2 (quenda libre). Denominación: arquitecto/a.
– Grupo A1: escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda promoción interna). Denominación: enxeñeiro/a de camiños.
– Grupo A2: escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de promoción interna). Denominación: inspector/a principal da Policía local.
– Grupo A2: escala de administración especial. Número de vacantes: 3 (quenda de promoción interna). Denominación: inspector/a da Policía local.
– Grupo C1: escala de administración especial. Número de vacantes: 2 (quenda de promoción interna). Denominación: oficial da Policía local.
– Grupo C1: escala de administración xeral. Número de vacantes: 2 (quenda de promoción interna). Denominación: administrativo/a.
– Grupo C1: escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de promoción interna). Denominación: sarxento de bombeiros.
– Grupo C2: escala de administración especial. Número de vacantes: 3 (quenda de promoción interna). Denominación: cabo bombeiro/a.
– Grupo C2: escala de administración especial. Número de vacantes: 6 (quenda libre). Denominación: bombeiro/a condutor/a.
– Grupo C2: escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de discapacitados/as). Denominación: oficial vixilante/a recadador/a.
– Grupo C2: escala de administración xeral. Número de vacantes: 2 (quenda libre). Denominación: auxiliar administrativo/a.
– Grupo C2: escala de administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda de promoción interna). Denominación: mestre/a electricista.