Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10177

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base V.1 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación no Diario Oficial de Galicia desta relación de aprobados, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na base V.2 da convocatoria.

Segundo. Elevar a mencionada relación ao titular da Dirección Xeral de Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal

ANEXO I
Acceso libre

Apelidos e nome

DNI

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

1

Carro Espada, Raquel

46901012X

11,50

29,85

26,02

Apta

67,37

2

Piñeiro González, Manuela

33272206S

16,38

26,15

24,51

Exenta

67,04

3

García Sánchez, Diana

47369177X

10,55

26,55

23,83

Exenta

60,93

4

Roca Gacio, Iria

79332582Q

16,50

20,95

23,11

Exenta

60,56

5

Ramos Becerra, Manuel Rubén

33544444W

11,11

24,28

21,98

Exento

57,37

6

López García, Diego

33544746M

11,38

23,52

22,33

Exento

57,23

7

Ferreiro del Rey, Óscar

32843719H

11,75

17,51

21,32

Exento

50,58

8

Rossell López, Luis

33539596F

10,83

18,52

20,34

Exento

49,69