Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10179

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e á contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Unha vez realizada a actualización anual de méritos prevista no artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 48, do 9 de marzo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a actualización provisional de méritos relativos ao ano 2016 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as (anexo I) e a dos integrantes das listas para a contratación temporal de persoal laboral (anexo II) poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal) na epígrafe Función Pública.

Segundo. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública. Consellería de Facenda. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coa reclamación achegarase:

• Certificación de servizos prestados na Administración da Xunta de Galicia no mesmo grupo, categoría, corpo, escala e/ou especialidade. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación deberá ser asinada por:

– Servizos centrais:

   ▪ Secretario/a xeral, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal na secretaría xeral da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

   ▪ Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores provinciais ou delegados comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

• Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.

Unha vez realizadas as emendas procedentes, daráselles publicidade ás puntuacións definitivas mediante a publicación da oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominacion

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos/as

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría agronómica

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría industrial

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de química

A1

206K

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A1

206L

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

2072

Escala de arqueólogos/as

A1

2080

Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de telecomunicacións

A1

2083

Escala superior de estatísticos/as

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios. Especialidade en dereito

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios. Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

206X

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos/as

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría industrial

A2

2076

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de topografía

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

A2

2079

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica de minas

A2

2085

Escala técnica de estatísticos/as

A2

2094-01

Escala de mestres de taller. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller. Especialidade en servizos ao buque

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

207C

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais a extinguir

C1

2081

Escala de delineantes a extinguir

C2

2054

Escala de axentes forestais a extinguir

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia

2055

Agrupación profesional

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a

I

004

Titulado/a superior

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a

I

014

Titulado/a superior sociólogo/a

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior)

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a

I

023

Documentalista

I

027

Coordinador/a de actividades externas

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM

I

030

Relacións públicas do IGAEM

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

006

Educador/a, profesor/a especial

II

007

Titulado/a grao medio

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

011

Fisioterapeuta

II

017

Asistente social

II

020

Terapeuta ocupacional

II

021

Monitor/a ocupacional

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en Informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio)

II

031

Restaurador/a

II

033

Profesor/a de danza clásica

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional

II

038

Perito-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en Educación Infantil

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos,encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

011

Encargado/a agrario/a

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

018

Marcador/a de metais preciosos

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

030

Programador/a

III

033

Encargado/a supervisor/a de telefónica

III

034

Especialista de oficios (debuxante)

III

036

Experto/a audiovisuais

III

037

Técnico/a de son

III

039

Rexedor/a de escena

III

040

Axudante/a de produción

III

045

Técnico/a de luces

III

049

Axente auxiliar inspección transportes

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

053

Técnico/a en restauración cinematográfica

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante taller, adxunto/a taller

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz

III

068

Oficial 1ª agrario, capataz agrario

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira

III

078

Subgobernante/a

III

080

Capataz de establecemento

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras

III

090

Animador/a sociocultural

III

091

Técnico/a especialista en Informática (antigo/a operador/a de ordenadores)

III

097

Auxiliar de son

III

098

Auxiliar de luces

III

101

Proxeccionista

III

102

Encadernador/a

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico, coidador/a

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado.

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

009

Oficial 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

021

Oficial 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

IV

022

Oficial 2ª en reprografía

IV

023

Mestre/a gaiteiro/a

IV

024

Xastre/a

IV

025

Cargador/a. Tremoeiro/a

IV

028

Auxiliar produción-dirección

IV

030

Auxiliar formación ocupacional

IV

031

Legoeiro/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos
de prevención e defensa contra incendios forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais

V

014

Peón/oa de defensa contra incendios forestais

V

14A

Peón/oa condutor de defensa contra incendios forestais

ANEXO III
CERTIFICACIÓN DE SERVIZOS PRESTADOS

(Resolución do ; DOG núm. , do de de 201 )

D./Dª

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo CERTIFICA

Que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da que se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don , con DNI núm. , prestou servizos no grupo, categoría, corpo, escala e/ou especialidade e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que a seguir se indican:

GRUPO/ CATEGORÍA

(código)

CORPO/

ESCALA

(código)

DENOMINACIÓN

DO POSTO

CONSELLERÍA OU ORGANISMO AUTÓNOMO

DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO DE POSTO

DE TRABALLO

(de ser o caso)

DESCONTINUO (SI/NON)*

FIN DE SEMANA (SI/NON)*

DATA INICIO

DATA

FIN

TOTAL

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en o de de 201

(SINATURA)

* Nota:

▪ Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2016.

▪ É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

ANEXO IV
CERTIFICACIÓN DE SERVIZOS PRESTADOS EN CONCELLOS OU MANCOMUNIDADES DE MUNICIPIOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

(Resolución do ; DOG núm. , do de de 201 )

D./Dª

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

secretario/a do Concello de CERTIFICA

Que, segundo os antecedentes que constan neste concello ou mancomunidade de municipios, dona/don , con DNI núm. , prestou servizos neste concello ou mancomunidade de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia, no grupo e categoría e nos períodos que a seguir se indican:

GRUPO/ CATEGORÍA

(código)

DENOMINACIÓN

DO POSTO

CONCELLO OU MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS

CÓDIGO DE POSTO DE

TRABALLO

(de ser o caso)

DESCONTINUO (SI/NON)*

FIN DE SEMANA (SI/NON)*

DATA INICIO

DATA

FIN

TOTAL

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en o de de 201

(SINATURA)

VISTO E PRACE: O/A SECRETARIO/A

O/A ALCALDE/SA

* Nota:

▪ Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2016.

▪ É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.