Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a solicitude de acreditación da representación no recurso de alzada RA/M/2016/00319, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Construcciones Crespo, S.A., con último domicilio coñecido en Gorgullón 45, en Pontevedra, a solicitude de acreditación da representación do recurso de alzada RA/M/2016/00319, formulado contra a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do expediente sancionador PO-00282-O-2014, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Examinado o recurso interposto, observouse que este carece dun requisito esencial exixido polo artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que, para interpoñer recursos, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Polo tanto, requírese para que presente a documentación (orixinal ou copia compulsada) do representante para actuar en nome da entidade, remitíndoo á Consellería de Infraestruturas e Vivenda; Secretaría Xeral Técnica; Servizo Técnico-Xurídico; San Caetano, bq. 5, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Por todo o exposto, e co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ter así por interposto o recurso presentado, deberá emendar da falta mencionada no prazo de 10 días contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, tal e como se establece no artigo 32.4 da mencionada lei.

Lémbrase que, se non corrixe os defectos antes mencionados, esta Administración, dará cumprimento ao establecido no artigo 113.1 da Lei 30/1992, e non admitirá o recurso interposto.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda