Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica o interesado para que acredite a representación no recurso de alzada RA-IGC-32/14, interposto contra a Resolución do 30 de maio de 2011, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 27009/11 en materia de consumo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Alfredo Miguélez Méndez, en representación de Multimarca Lucense, S.L., co último domicilio coñecido na rolda das Fontiñas, núm. 294, baixo, en Lugo, para que acredite a representación no recurso de alzada RA-IGC-32/14, interposto contra a Resolución do 30 de maio de 2011, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 27009/11 en materia de consumo.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico Xurídico, Secretaría Xeral Técnica, Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se lle dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria