Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a interesada para que acredite a representación no recurso de alzada RA-IGC-88/14, interposto contra a Resolución do 24 de marzo de 2014, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 32001-134-2013 en materia de consumo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Vehicles And Aluminium On The Ground, S.A., co último domicilio coñecido na rúa Extensión Agraria, 1, 1 E, en Almorox, Toledo, para que identifique a persoa física que interpuxo o recurso de alzada RA-IGC-88/14, contra a Resolución do 24 de marzo de 2014, do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 32001-134-2013, en materia de consumo, e acredite a representación para actuar no nome da mercantil.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico Xurídico, Secretaría Xeral Técnica, Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se lle dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria