Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 26 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Boqueixón II-A Granxa II (Boqueixón-A Coruña).

O 26 de xaneiro de 2017, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ditou a resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Boqueixón II-A Granxa II (Boqueixón-A Coruña) relativa á cesión de masas comúns ao Concello, que a seguir se trascribe:

«O Acordo de concentración parcelaria da zona de Boqueixón II-Granxa II (Boqueixón-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral competente por razón da materia con data do 21 de xullo de 2010, e foi publicado e notificado na forma legalmente establecida, atopándose na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Boqueixón solicitou a cesión da titularidade dos predios e para os fins que se indican a seguir:

Predio nº 1-1: aparcadoiro público para a igrexa parroquial da Granxa.

Predios nº 50 e 55-2: depósito e carga de madeira.

Predios nº 92, 157 e 219: acceso ao muíño.

Predio nº 115: aparcadoiro público para o cemiterio parroquial da Granxa.

Predios nº 167, 181, 211-1 e 213: ruta de sendeirismo.

Predios nº 201-1, 207-1 e 208: depósito e carga de madeira.

Predio nº 327: ampliación da praza pública de Boqueixón.

Predio nº 335: ampliación dos depósitos veciñais da parroquia de Boqueixón.

Predio nº 390-1: para permutar para dispor dun aparcadoiro público para a igrexa e cemiterio da parroquia de Boqueixón.

Predio nº 399: depósito e carga de madeira.

Predios nº 520-1, 526 e 527: xestión de recursos forestais.

Predios nº 575: ampliación das pontellas sobre o río Pontillón.

Predios nº 625, 626, 627, 628 e 632: fins comunitarios da aldea de Ardilleiro Pequeno.

Predio nº 673: depósito e carga de madeira.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Boqueixón II-A Granxa II (Boqueixón-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Boqueixón a titularidade dos predios 1-1, 50, 55-2, 157, 219, 115, 167, 181, 211-1, 213, 201-1, 207-1, 208, 327, 335, 390-1, 399, 520-1, 575, 625, 628 e 673 –que causan baixa no fondo de terras da zona– para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Denegar a cesión da titularidade dos predios nº 92, 626, 627 e 632, dado que estes predios non figuran como predios do fondo de terras da zona.

3. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinadas aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

4. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Boqueixón.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

O director xeral de Desenvolvemento Rural

Miguel Ángel Pérez Dubois

(Asinado dixitalmente)».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 9 de febreiro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña