Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (701/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 701/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Miguens Castelo contra Lineanorte Multiservicios, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Visto o estado que manteñen as presentes actuacións, álzase a suspensión acordada e acórdase citar novamente as partes para que comparezan o próximo día 9.3.2017, ás 11.35 horas para a celebración da conciliación e, o mesmo día, ás 11.40 horas para a celebración do xuízo ante a maxistrada, na planta baixa, sala 3, edificio da rúa Berlín, e cítanse en legal forma as partes cos mesmos requirimentos e apercibimentos da primeira resolución convocando xuízo.

Así mesmo, o anterior escrito presentado pola letrada María Catalfamo, en nome e representación de José Francisco Miguens Castelo, únase. Téñense por feitas as manifestacións nel contidas, póñase en coñecemento da parte demandada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza