Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10312

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de cambio de uso da parcela onde se localiza a edificación Escola infantil Chalet Rosa.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 24 de novembro de 2016 adoptou, entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva se transcribe literalmente:

«1º. Autorizar o cambio de uso da parcela onde se localiza a edificación Escola infantil Chalet Rosa, segundo o establecido no informe da arquitecta municipal con data do 18.11.2016, no sentido seguinte:

Modificar o uso definido no documento do PXOM aprobado definitivamente pola Orde do 27 de maio de 2016, no sentido seguinte:

Onde di:

EX-6 gardaría Chalet Rosa: superficie 1.104,8 m2. Uso existente, uso educativo titularidade municipal. SCEL-8 biblioteca específica Chalet Rosa: superficie 127,0 m2. Uso existente. Uso sociocultural titularidade municipal.

Procede o seguinte cambio de uso e adaptación aos usos desenvolvidos no edificio:

ASX-1: Escola infantil Chalet Rosa: superficie 1.104,8 m2. Uso existente. Uso asistencial categoría 5ª titularidade municipal SCEL-8: desaparece o uso sociocultural e pasa a se ampliar a superficie do equipamento ASX-1.

/.../»

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do establecido no citado acordo.

Pontedeume, 6 de febreiro de 2017

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde