Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación.

Na Xunta Local de Goberno do 26 de xaneiro de 2017 aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións do servizo de limpeza de cunetas e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais do concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza de cunetas e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais do concello de Mos.

CPV 90600000.

Duración do servizo: seis meses.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato: 133.600 euros máis 28.056 de IVE.

5. Garantías: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos. R/ Rexenxo, 1, Petelos, 36416 Mos, Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince (15) días habiles desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o 6º día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 6 de febreiro de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa