Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10523

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio) e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o cuarto exercicio exentos da realización do quinto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.5. da convocatoria e dar por rematada a fase de oposición.

Segundo. Facer pública, de conformidade coa base V.1, a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, e que figura como anexo a esta resolución.

De acordo coa dita base os/as aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista nas súas alíneas A), B), C) e D).

Terceiro. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como funcionarios/as en prácticas dos/das aspirantes que figuran nela.

Cuarto. De acordo co disposto na base IV.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

José Miguel Rey Lama
Presidente do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

5º ex.

Total

46901012X

Carro Espada, Raquel

15,35 

22,70

24,79

34,00

Exenta

96,84

44089568V

Coego Montoto, Paula

11,37 

20,50

19,35

27,17

Exenta

78,39