Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10521

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017 pola que se lles dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, relativo á convocatoria dun concurso para o desenvolvemento dunha guía de cor e materiais nas doce grandes áreas paisaxísticas do catálogo das paisaxes de Galicia.

Modificar a cláusula sexta e a base administrativa I do anexo II do convenio inicial.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

17.10.2016

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas.

Regular un programa de prácticas académicas externas entre a Universidade de Vigo (Uvigo) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) para facilitar a preparación para o exercicio profesional do estudantado en áreas do IET, nas materias de urbanismo, ordenación do territorio, paisaxe e sistemas de información xeográfica e cartográfica, relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na Uvigo. Deste xeito promóvese o desenvolvemento profesional e acceso ao mercado laboral
dos/das futuros/as titulados/as universitarios/as.

Sen achega económica

30.11.2016