Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (758/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 768/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Constantino López Arias contra Prefabricados Castelo, S.A., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, TXSS, Mutua Fremap de Accidentes de Traballo e Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Na Coruña, 3 de febreiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de Seguirdade Social co número 758/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Constantino López Arias, representando polo letrado Manuel Casal Míguez, contra INSS e TXSS, representados pola letrada María Carmen García Sánchez, Mutua Fremap, representada pola letrada Ángeles Gómez Lage e contra Prefabricados Castelo, S.A. que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Constantino López Arias, absolvendo o INSS, TXSS, Mutua Fremap e Prefabricados Castelo, S.A. de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a ela do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Prefabricados Castelo, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncio da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza