Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 327/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 327/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de María Teresa Íñiguez Blanco contra Paynaf Textil y Moda, S.L., Mercedes Estrada Ferreiro, Pablo Ramil Rivera, Marta Ramil Estrada sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: 327/2016.

Auto:

A Coruña, 30 de decembro de 2016.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 16.9.2016. A demandante solicitou o complemento de tal resolución nos termos recollidos no escrito presentado en data do 24.11.16.

Parte dispositiva:

– Ten lugar ao complemento de sentenza solicitado nos seguintes termos:

a) No fundamento de dereito 2º e no fallo da sentenza ha de recollerse a seguinte cantidade en concepto de indemnización por despedimento improcedente: 52.371,15 euros.

b) No fundamento de dereito 2º e no fallo da sentenza ha de recollerse a seguinte cantidade en concepto de prazo de preaviso non concedido: 834,60 euros.

c) Sumar un feito probado 3º, ao traballador débeselle a suma de 3.595,58 euros brutos recoñecidos na liquidación polos conceptos salariais e vacacións recollidos neste. Dáse por reproducido tal documento de liquidación e dáse por reproducido o feito 4º do escrito reitor.

d) Sumar o fundamento de dereito nº 3º, en relación coa acción acumulada artigo 26.3 LRXS de reclamación de salarios debidos e recollidos no documento de liquidación entregado ao demandante, o certo é que non se practicou proba ningunha pola demandada que acredite o pagamento de tales salarios debidos, cando era carga probatoria súa facelo, polo que ha de afirmarse a existencia de tal débeda e, en consecuencia, procede condenala ao seu pagamento.

e) Sumar no fallo un parágrafo dentro do número 3º que diga «así como a pagarlle ao traballador a suma de 3.595,58 euros brutos en concepto de liquidación que se lle debe».

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paynaf Textil Moda, S.L., e Francisco Sánchez Furelos, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza