Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10674

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A.

1. Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do 22 de decembro de 2016, pola que se encomenda ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) a emenda das deficiencias sinaladas no informe final do fondo de reversión do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG).

– Actividade: nas diferentes liñas de tratamento do CTRIG desenvolveranse traballos de obra civil e traballos de reparación das instalacións.

– Natureza e alcance do servizo técnico prestado: este servizo ten natureza intersubxectiva ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: establécese un prazo de execución de 4 meses contado desde o día seguinte ao da sinatura da resolución de encargo dos traballos. Este prazo é susceptible de ser ampliado en 2 meses.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio