Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10828

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017, do tribunal nomeado para a selección de dúas prazas de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro de 2017), modificada pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 13 de xaneiro), pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos neste proceso.

En sesión que tivo lugar o día 22 de febreiro de 2017, o tribunal nomeado por Resolución do 13 de febreiro de 2017 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) para a selección de dúas prazas de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, á vista das solicitudes presentadas e logo da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos,

ACORDOU:

Aprobar e facer públicas as listaxes de aspirantes admitidos/as e excluídos/as e indicar, para estes últimos, a causa de exclusión. As ditas listaxes publícanse na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios.

De acordo co disposto na base 6.1. da convocatoria, os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Luis Ángel León Mateos
Presidente do tribunal