De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarios
Persoas físicas de dereito privado, comunidades ou mancomunidades de veciños |
Propietarios ou titulares dun inmoble do sector residencial sito no ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
Agrupacións de persoas físicas privadas sen personalidade |
Segundo. Obxecto
Preténdese a promoción do desenvolvemento rural galego cunha liña de proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, apoiando actuacións con fins de aforro enerxético de fomento do uso das enerxías renovables e, en concreto, a utilización de biomasa forestal con fins enerxéticos.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 9 de febreiro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2017 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I).
Cuarto. Contía
1. A contía global da convocatoria ascende a 2.265.000 €. Esta contía poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa.
Este crédito está financiado con fondos propios, que ascenden a 765.000 €, e con fondos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que ascenden a 1.500.000 €, dos cales o 75 % procede do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), un 7,5 % procede dos orzamentos xerais do Estado e un 17,50 % dos orzamentos da Comunidade Autónoma.
2. A intensidade máxima da subvención será dun 50 % do investimento elixible, de acordo co cálculo por potencia unitaria sen IVE da seguinte táboa, cun máximo de 50.000 €/proxecto.
Tipoloxía |
Tipo de equipamento xerador |
Rango de potencias |
Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW) |
A1 |
Estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente |
P ≤ 25 kW |
225-5 P |
P > 25 kW |
100 |
||
A2 |
Cambio de queimador en equipamento existente que non sexa de biomasa |
50 |
|
B1 |
Equipamentos térmicos sen sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V < 250 litros |
P ≤ 20 kW |
300- 5 P |
20 kW < P ≤ 40 kW |
250-2,5 P |
||
P > 40 kW |
150 |
||
B2 |
Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros |
P ≤ 40 kW |
300 |
40 kW < P ≤ 440 kW |
310-(P/4) |
||
P > 440 kW |
200 |
||
B3 |
Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible con V ≥ 1.000 litros |
P ≤ 40 kW |
325 |
40 kW < P ≤ 440 kW |
335-(P/4) |
||
P > 440 kW |
225 |
P: potencia nominal total do sistema de caldeira(s) (kW).
V: capacidade do sistema externo de acumulación de combustible (litros).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Inicio: ao día seguinte do remate do prazo de adhesión das entidades.
Fin: 1 mes contado desde o día seguinte ao remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras.
Xunto coa solicitude presentaranse telematicamente, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia