Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10767

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2017 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I).

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, prevé na medida 7 actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais. Esas medidas están financiadas, igual que as restantes que integran o PDR, polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral del Estado.

Dado que a promoción do desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevé, dando continuidade á liña de proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, o apoio a actuacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) constitúese en axencia por medio do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, mantendo a súa adscrición á consellería competente en materia de enerxía, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo, e entre cuxas funcións destacan a de incidir na utilización racional da enerxía, así como diversificar as fontes enerxéticas e reducir, na medida do posible, a dependencia exterior.

Neste contexto danse as condicións para que o Inega xestione e tramite a presente liña de subvencións, co obxectivo de fomentar o aforro enerxético a través da utilización de fontes de enerxía renovables, como é o caso da biomasa forestal.

Máis concretamente, preténdese fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o que implica toda unha serie de vantaxes tanto sociais coma ambientais, económicas e enerxéticas. Non se debe esquecer que a biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.

Precisamente o uso térmico da biomasa pode representar para Galicia un gran xacemento de nova actividade e, por iso, a Xunta de Galicia entende que é preciso facer unha aposta firme e realista de cara ao futuro, materializando esta a través da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva. As subvencións financiadas con fondos Feader centraranse na submedida 7.2 Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético do PDR 2014-2020.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións destinadas ás zonas rurais, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para o exercicio 2017, que se xuntan a esta resolución como anexo I.

2. Seleccionar, en réxime de concorrencia competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2017 que se xuntan a esta resolución como anexos II a IX.

4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas a particulares para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo X).

5. Convocar para o ano 2017, en réxime de concorrencia competitiva, segundo o disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa.

Artigo 2. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar esta convocatoria é de 2.265.000 €, que se distribuirá do seguinte xeito:

MEDIDA 7.2 Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético

Anualidade 2017

Aplicación orzamentaria

Biomasa

2.265.000 €

 

Axudas a persoas físicas e as súas agrupacións

2.265.000 €

09.A2.733A.780.1

2. A contía indicada poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo recolle o artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da dita lei. O aludido incremento debe publicarse no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal).

3. Este crédito está financiado con fondos propios, que ascenden a 765.000 €, e con fondos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que ascenden a 1.500.000 €, dos cales o 75 % procede do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da medida 7 «Actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais», e da submedida 2 «Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético», un 7,50 % procede dos orzamentos xerais do Estado e un 17,50 % dos orzamentos da Comunidade Autónoma.

4. O crédito máximo, segundo a tipoloxía desta tecnoloxía, será o seguinte, procedendo o financiamento dos proxectos dos grupos A1-A2-B1 de fondos propios e o dos grupos B2 e B3 de fondos Feader:

Tipoloxía

Orzamento

Grupo A1-A2-B1

765.000 €

Grupo B2-B3

1.500.000 €

Total

2.265.000 €

5. A presente convocatoria tramítase polo procedemento anticipado de gasto. O outorgamento das subvencións queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Artigo 3. Prazo para presentar as solicitudes e a documentación

1. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo III desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a súa adhesión, e cubrirán e confirmarán o formulario de adhesión (anexo II).

3. O prazo de presentación das solicitudes de axudas será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 4. Prazo de resolución das solicitudes

O prazo para ditar resolución expresa e notificárllela ás entidades colaboradoras será de catro (4) meses contados desde o día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de solicitudes. Se transcorrese o prazo sen que se ditase resolución expresa, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Prazos de execución e xustificación dos investimentos

Os investimentos xustificaranse documentalmente de acordo co disposto nas bases reguladoras. O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para a xustificación dos gastos será o 30 de setembro de 2017. O feito de non xustificar correctamente os ditos investimentos devirá en perda do dereito ao cobramento da axuda concedida.

Disposición adicional única. Réxime de recursos

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, perante o presidente da axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras das subvencións para actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa (os proxectos do grupo A1-A2 e B1 fináncianse con fondos propios e os proxectos do grupo B2-B3 cofináncianse parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e para a selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións

Artigo 1. Obxecto

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.

Financiaranse con fondos propios os proxectos do grupo A1 Estufas de aire, cociñas calefactoras, A2 Cambio de queimadores existentes que non sexan de biomasa e B1 Equipamentos térmicos sen sistema de alimentación automática ou volume de acumulación de combustible V < 250 litros.

Cofinanciaranse con fondos Feader os proxectos do grupo B2 Caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros e B3 Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 1.000 litros.

Artigo 2. Requisitos e regras xerais

1. Todos os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude de axuda.

b) As actividades deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendido como tal o ámbito de aplicación do PDR 2014-2020 de Galicia.

c) A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) en cada territorio.

A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actividade está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. Só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016).

Esta información pode ser consultada na web do Instituto Galego de Estatística:

http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/rural-urbano/MapaParroquiasGrao2016.htm

d) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados.

e) Que sexan viables tecnicamente.

f) Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.

g) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

h) Que o solicitante non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

2. O beneficiario, no caso de pagamento indebido, quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros. Non se aplicará a obriga de reembolso se o pagamento é froito dun erro da autoridade competente ou doutra autoridade sen que o beneficiario puidese detectar razoablemente ese erro (artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).

Con carácter xeral, os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas ao beneficiario e ás entidades colaboradoras veñen regulados no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

Artigo 3. Conceptos subvencionables

1. Serán subvencionables:

a) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

b) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.

c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

d) O custo do sistema de alimentación do combustible.

e) O custo de montaxe e conexionado.

f) O IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.

2. Non son subvencionables:

a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.

b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.

c) A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes. Para estes efectos, enténdense por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte dela por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente).

d) Equipamento e materiais de segunda man.

e) A simple reposición ou substitución de equipamento e maquinaria.

f) As obras de mantemento e os gastos de alugueiro.

g) As taxas e licenzas administrativas.

h) As partidas de gastos xerais e beneficio industrial, cando estas partidas formen parte do prezo de licitación de acordo coa normativa de contratación administrativa.

i) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

Artigo 4. Normas específicas

1. Co obxectivo de garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipamentos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente.

Para tal efecto, as instalacións financiadas deben cumprir cos requisitos establecidos no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas de edificios (RITE) respecto a instalacións de biomasa térmica, coas condicións establecidas no documento recoñecido do RITE sobre biomasa térmica, así como calquera outra normativa enerxética nacional, rexional ou local que lles sexa de aplicación.

En relación coas estufas de aire e outros equipamentos que non requiran o cumprimento do Real decreto 1027/2007, exixirase que o solicitante presente unha xustificación técnica de que o rendemento do equipamento térmico é superior ao 75 %.

2. O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polas características do sistema segundo a seguinte táboa:

Tipoloxía

Tipo de equipo xerador

Rango de potencias

Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW)

A1

Estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente

P ≤ 25 kW

225-5 P

P > 25 kW

100

A2

Cambio de queimador en equipo existente que non sexa de biomasa

50

B1

Equipamentos térmicos sen sistema de alimentación automática ou volume de acumulación de combustible

V < 250 litros

P ≤ 20 kW

300- 5 P

20 kW < P ≤ 40 kW

250 – 2,5 P

P > 40 kW

150

B2

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros

P ≤ 40 kW

300

40 kW < P ≤ 440 kW

310 – (P/4)

P > 440 kW

200

B3

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible

con V ≥ 1.000 litros

P ≤ 40 kW

325

40 kW < P ≤ 440 kW

335 – (P/4)

P > 440 kW

225

P: potencia nominal total do sistema de caldeira(s) (kW).

V: capacidade do sistema externo de acumulación de combustible (litros).

Nas tipoloxías B1, B2 e B3, no caso de que a caldeira incorpore un sistema de limpeza automática de intercambiador, o custo elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) poderase incrementar en 50 €/kW adicionais.

O Inega comprobará (con referencia dos orzamentos presentados, tarifas oficiais e outra información dispoñible) que o orzamento do equipamento térmico se corresponde co valor de mercado minorando o custo presentado no caso de que existan diverxencias.

Para o resto dos conceptos subvencionables o importe destas epígrafes poderá ser corrixido unha vez valorado o orzamento presentado.

Non se admitirán nunha mesma solicitude varias caldeiras de distintas tipoloxías.

Artigo 5. Compatibilidade das subvencións

1. Cando as subvencións reguladas nestas bases estean financiadas con fondos Feader, é dicir, para proxectos do B2-B3, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...).

2. Cando se trate de subvencións financiadas con fondos propios, e dicir, para proxectos dos grupos A1-A2 e B1, estas serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade. A intensidade máxima das axudas con fondos públicos non excederá o 100 % do importe elixible do proxecto.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 24 destas bases reguladoras.

Artigo 6. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal.

2. No teléfono 981 54 15 00 (Inega).

3. Presencialmente, no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela), logo de cita no teléfono 981 54 15 00.

Artigo 7. Entidades colaboradoras

1. As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios. Así, serán as encargadas da venda, promoción e instalación dos equipamentos indicados no artigo 3.

2. Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

a) Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

b) Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.

c) Xustificación da axuda ante o Inega.

3. Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

4. Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderanse consultar na paxina web do Inega (www.inega.gal).

5. Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas de instalacións térmicas en edificios.

6. Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no artigo 4 da resolución de convocatoria, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

8. As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 9 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.

De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no cal se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo X destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

Artigo 8. Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras

1. Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica así como coa Seguridade Social.

b) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

c) Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.

d) Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións sen que se produza a entrega previa e distribución dos fondos recibidos.

e) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

f) Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Inega.

g) Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e así facilitar a adecuada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Transcorrido o prazo máximo sen ditarse resolución expresa, a entidade colaboradora poderá entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo III) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

b) Vender no marco da iniciativa só os equipos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.

c) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do convocatoria, en concreto a autorización ou inscrición da instalación no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria.

Artigo 9. Adhesión de entidades colaboradoras

1. Adhesión simplificada.

Esta forma de adhesión está unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión das axudas de biomasa particulares 2016, regulado na Resolución do 23 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro de 2015), e que desexen adherirse ao procedemento de xestión das axudas de biomasa particulares 2017.

A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X); xerarase un documento en formato PDF con estes dous anexos -o segundo por duplicado-.

Por defecto a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria da anualidade 2016. A entidade colaboradora poderá actualizar os datos, se é o caso. No caso de modificación de datos, a entidade colaboradora deberá xuntar a documentación necesaria para xustificar estes cambios, de igual xeito que se realiza na adhesión común, regulada no punto dous deste artigo.

Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizará o usuario e o contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2016. No caso de que algunha entidade colaboradora non recorde estes datos, poderá solicitalos a través do correo electrónico habilitado para tal efecto, indicando os seus datos para identificación.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X), deberá presentalos por vía electrónica de conformidade co establecido.

2. Adhesión común (altas de novas entidades colaboradoras).

a) A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

b) A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X); xerarase un documento en formato PDF con estes dous anexos - o segundo por duplicado-.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II), deberá presentala por vía electrónica de conformidade co establecido. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Se a entidade interesada presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

c) As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

i. Orixinal ou copia compulsada do documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.

ii. Copia do último recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, de ser o caso, declaración responsable de exención de pagamento segundo figura no anexo II.

iii. Dous exemplares do convenio de colaboración (anexo X) debidamente asinados pola entidade colaboradora.

iv. Unha vez asinado polo Inega, a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.

d) Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

i. NIF da entidade colaboradora, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

No caso de que as persoas interesada se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

e) Para achegar xunto coa solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obterá arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 5 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

No caso de que algún dos documentos que haxa que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos e na forma prevista neste artigo.

3. Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes de adhesión será o establecido no artigo 3.2 da resolución de convocatoria.

4. Emenda.

a) De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora, para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta na verificación do NIF.

b) De conformidade co establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 40.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) A práctica dos requirimentos electrónicos farase da seguinte maneira:

i. Enviaráselle á entidade colaboradora ao enderezo de correo electrónico que facilitase na adhesión un aviso que lle informará da posta á disposición do requirimento.

ii. Pode acceder ao citado requirimento no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

d) Todos os trámites posteriores que as persoas interesadas teñan que realizar presentaranse electronicamente a través da aplicación do Inega.

5. Instrución do procedemento e audiencia.

a) A Xerencia do Inega realizará de oficio os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

b) Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto ás entidades colaboradoras para que, nun prazo de 10 días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

c) Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución, que elevará ao órgano competente para resolver.

6. Resolución.

a) O director do Inega é o órgano competente para resolver o procedemento de selección das solicitudes de obtención da calidade de entidade colaboradoras.

b) O prazo máximo para resolver sobre as adhesións é de 25 días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). Unha vez pasado o dito prazo as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes, e notificarase seguindo estritamente a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.

Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos a este programa.

7. Notificación das resolucións.

a) Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Segundo o establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 40.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) Na páxina web do Inega (www.inega.gal) poderase consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Ademais, a adhesión destas entidades colaboradoras será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo.10. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade; estas non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 11. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:

a) As descritas no artigo 8.1, letras a), b), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.

b) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

O solicitante ten que facilitarlle á entidade colaboradora seleccionada as outras dúas ofertas que necesariamente teñen que acompañar a solicitude de axuda.

As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben.

c) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 23 destas bases.

e) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitaraa a entidade colaboradora mediante a presentación do anexo VI que se xunta a título informativo. Este anexo estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

f) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os cinco (5) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

g) Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de cinco (5) anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que podan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

i) Levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado.

j) Comunicarlle ao Inega, a través da entidade colaboradora, a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.

k) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Cando se trate de proxectos do grupo B2 e B3, debe cumprir as medidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos Feader, recollidas no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través de Fondo Europeo Agrícola de desenvolvemento Rural (Feader).

En todas as actividades de información, publicidade e comunicación que leve a cabo o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader á operación financiada e mostrar o emblema da Unión e unha referencia á axuda do Feader.

En concreto, os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:

i. Cando o beneficiario dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír nel mesmo unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entro o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, en proporción ao nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

ii. No caso de operacións que consistan no financiamento de obras de infraestrutura ou construción que se beneficien dunha axuda pública total superior a 500.000 €, deberá colocar nun lugar ben visible para o público un cartel temporal de tamaño significativo relativo á operación.

iii. No caso de operacións non incluídas no punto anterior que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 €, o beneficiario colocará unha placa explicativa con información sobre o proxecto, na cal destacará a axuda financeira da Unión.

m) No marco das medidas de desenvolvemento rural comprometerase a proporcionarlle á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades (artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013).

Artigo 12. Consentimentos e autorizacións

1. De conformidade co artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Inega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Ademais, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a presentación da solicitude de axuda supón o consentimento para que os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas, de ser o caso, sexan incluídos e feitos públicos no citado rexistro, que depende da Consellería de Facenda.

3. As solicitudes deberán achegar os documentos ou información previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as entidades interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.1.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 13. Presentación de solicitudes

1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

2. O solicitante da axuda terá que pedir as tres ofertas necesarias para garantir a moderación de custos, tendo en conta que a oferta seleccionada corresponderá á da entidade colaboradora adherida encargada da tramitación da súa solicitude e que o equipo térmico de biomasa cumpre os requisitos mínimos exixidos no artigo 2 destas bases.

3. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas para equipos térmicos de biomasa.

4. Unha vez elixido o equipo térmico de biomasa, a entidade colaboradora terá que:

a) Comprobar que o comprador cumpre cos requisitos establecidos no artigo 10 para poder ser beneficiario da axuda.

b) Cubrirá a solicitude para ese comprador, mediante a aplicación informática habilitada para o efecto e accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben desde a paxina web do Inega (www.inega.gal). A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude do beneficiario por duplicado.

5. A solicitude imprímese por duplicado obrigatoriamente desde a aplicación informática, e corresponde un exemplar ao comprador e outro á entidade colaboradora.

A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo III.

Artigo 14. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Co envío da solicitude (anexo III) deberase incluír dixitalmente e en formato PDF, con tamaño máximo por arquivo individual de 5 MB, a seguinte documentación complementaria:

a) Autorización para a representación segundo o anexo IV.

b) Acreditar a titularidade dos terreos ou inmobles sobre os cales se vai executar o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante un período mínimo de cinco anos (que permitan concretar a situación do predio ou inmoble sobre o terreo).

Os documentos admitidos para acreditar a titularidade son: titulo de propiedade (copia compulsada ou copia simple, certificado catastral, recibo de pagamento do IBI (emitido polo concello ou polo organismo encargado de xestionar o imposto), contrato de arrendamento ou cesión de uso, xunto documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente.

c) No suposto de que o solicitante sexa unha persoa física consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

i. DNI/NIE, so no caso de denegar expresamente a súa consulta.

d) No suposto de que o solicitante sexa unha agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, o representante deberá asinar a solicitude e a entidade colaboradora achegará a seguinte documentación:

I. Documentación que acredite a súa constitución.

II. Documentación que acredite a representación con que se actúa.

III. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

e) No caso de que unha comunidade de veciños sexa a solicitante, de conformidade co artigo 13.3 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, o/a presidente/a terá a representación da comunidade neste procedemento e será a persoa asinante da documentación, e deberá presentarse:

I. A acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación dos propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.

II. Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios en que se aceptan as bases da convocatoria, se comprometen á execución das respectivas obras e se faculta o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.

III. Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.

IV. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

f) Memoria técnica da actuación. Composta polos seguintes documentos:

I. Descrición da instalación proxectada segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal), unha memoria técnica na cal se describirán, de forma detallada, os sistemas da caldeira, os compoñentes principais da instalación térmica e do sistema de alimentación de combustible.

II. Planos de situación en que se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (SIXPAC, Catastro, etc.). Bosquexos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación.

III. Folla de características da caldeira utilizada

IV. No caso de que esta caldeira non estea atope na base de datos do Inega, declaración de conformidade da caldeira segundo a normativa vixente.

g) Con independencia do importe do gasto subvencionable, e na procura da moderación de custos propostos, é obrigatorio que a entidade adherida a que corresponde a oferta seleccionada presente, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.

As ofertas deberán ser comparables desde un punto de vista técnico-económico, e corresponderán a instalacións con características similares. No caso de que non se escolla a oferta máis vantaxosa desde un punto de vista económico, deberá estar debidamente xustificada a elección, que se fundamentará en criterios técnico-económicos. No caso de que a xustificación non sexa a adecuada poderá tomarse como investimento elixible o orzamento correspondente á oferta máis económica.

Deberá remitirse o contido de cada unha das ofertas, e non se admitirá o certificado, informe, invitacións realizadas ou documento similar con indicación que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance.

Non será necesario acreditar as 3 ofertas no suposto de que polas especiais características dos gastos que se subvencionan non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Neste suposto o beneficiario deberá prestar declaración expresa motivada en tal sentido.

2. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada de documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se deba presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos e na forma prevista neste artigo.

5. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirllo á persoa interesada, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 15. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. A Xerencia do Inega será o órgano competente para instruír o procedemento administrativo de concesión das subvencións e corresponde ao director do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do dito procedemento.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a instancia non viñese acompañada da documentación citada no artigo 14, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos esixidos, con indicación de que, de non facelo así, se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta da verificación do DNI/NIE.

3. De conformidade co establecido no artigo 7 das bases reguladoras, en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para os requirimento de emenda, de xeito que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 40.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A práctica dos requirimentos electrónicos farase da seguinte maneira:

a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilitase na adhesión un aviso que lle informará da posta á disposición do requirimento.

b) Pode acceder ao citado requirimento no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

4. A documentación a que se refire a emenda, deberá presentarse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal, e da páxina web do Inega, (http://www.inega.gal), de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Sen prexuízo do disposto no paragrafo anterior, poderá requirirse a entidade colaboradora para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios na tramitación e resolución do procedemento.

6. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración. Aqueles que non cumpran coas exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, serán obxecto de resolución de inadmisión a trámite ou de denegación, dependendo da circunstancia que concorra en cada caso.

7. Recibida a acta cos resultados de valoración das solicitudes presentadas emitida pola Comisión de Valoración, elevará a correspondente proposta de resolución ao órgano competente para resolver.

Artigo 16. Comisión de Valoración

1. Será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente: o director do departamento de Enerxía e Planificación Enerxética.

b) Un xefe de área do Inega.

c) Dous técnicos do Inega.

3. No documento co resultado da avaliación que elabore a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, e especificarase a puntuación que lles corresponde, así como o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible nos diferentes tipos de actuacións que se subvencionan.

Artigo 17. Criterios de valoración

1. De acordo co documento de Criterios de selección de operacións PDR Galicia 2014-2020, aprobado no comité de seguimento do PDR Galicia 2014-2020, os criterios de selección destas bases axústanse ao recollido no número 7.2.2, que establece as puntuacións desas epígrafes.

2. Características técnicas dos principais equipamentos (ata 50 puntos).

a) Prestacións segundo as características do equipo xerador (ata 30 puntos).

Valoraranse tecnicamente as distintas características do equipo xerador: o tipo de fogar, o illamento do fogar, as características do queimador do equipo térmico, a regulación e control da caldeira e o sistema de canalización do fluído térmico.

b) Calidade enerxética do combustible empregado polo equipo (ata 10 puntos).

Valorarase esta epígrafe tendo en conta o combustible utilizado:

i. Pellet: 10 puntos.

ii. Estelas: 6 puntos.

iii. Leña: 3 puntos.

iv. Residuos forestais e outros tipos de biomasa: 1 punto.

c) Sistema de limpeza automática do intercambiador (10 puntos).

3. Grao de utilización da instalación (ata 25 puntos).

a) Grao de utilización da instalación segundo o uso (ata 5 puntos):

i. Uso de calefacción e auga quente sanitaria (AQS): 5 puntos.

ii. Uso de calefacción: 3 puntos.

iii. Uso de AQS: 1 punto.

b) Grao de autonomía do almacenamento de biomasa na instalación (ata 5 puntos):

i. Volume do silo con alimentación automática superior a 1.000 litros: 5 puntos.

ii. Volume do silo con alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros: 3 puntos.

iii. Volume do silo con alimentación automática inferior a 250 litros: 1 punto.

iv. Silo ou sistema de almacenamento da biomasa sen alimentación automática inferior a 250 litros: 0 puntos.

4. Zona climática do concello segundo o Código técnico da edificación (CTE/HE1) (ata 10 puntos). Os proxectos situados en concellos definidos, tendo en conta a súa altitude, como zona E terán 10 puntos, os da zona D, 7 puntos, os da zona C, 4 puntos e os da zona B, 1 punto.

5. Rateo investimento/potencia da instalación (ata 5 puntos). Avaliarase en relación cos rateos de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórganse 0 puntos aos proxectos cuxo rateo investimento/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxo rateo sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuarase proporcionalmente.

6. Localización xeográfica do proxecto (ata 25 puntos).

Renda do concello (ata 25 puntos): valoraranse os proxectos que se desenvolvan en zonas economicamente menos favorecidas, utilizando os datos máis recentes dispoñibles polo IGE da renda dispoñible bruta por habitante dos municipios galegos. Outórganse 0 puntos aos proxectos situados no concello que teña a máxima renda dispoñible bruta por habitante de Galicia, e a puntuación máxima ao de menor. O resto dos proxectos puntuarase proporcionalmente.

Artigo 18. Intensidade da axuda e contía máxima

1. A intensidade da axuda será do 50 %.

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €.

Artigo 19. Resolución das solicitudes

1. Elaborada a relación prevista no artigo 16.3 destas bases, e sempre con anterioridade á resolución do procedemento, efectuarase o trámite de audiencia, por un prazo de 10 días. Cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, prescindirase do trámite de audiencia.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será o establecido no artigo 4 da resolución de convocatoria.

3. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, observarase o sinalado no artigo 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

4. En cumprimento do disposto no artigo 1.5, anexo III, do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), na notificación da concesión da axuda débeselles informar tamén aos beneficiarios que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), medida 7.4.

Artigo 20. Aceptación e renuncia

1. Transcorridos 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da proposta de resolución definitiva sen que a entidade colaboradora comunique expresamente a renuncia á subvención, entenderase que o solicitante acepta a subvención, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

2. No caso de que o beneficiario dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá comunicarllo á entidade colaboradora, que presentará o anexo VI polos medios establecidos no artigo 13.5 destas bases reguladoras, e comunicará este feito co fin de arquivar o expediente.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución, que se notificará de conformidade co procedemento establecido no artigo 13 destas bases reguladoras.

Artigo 21. Prazos de execución das instalacións

A execución da instalación deberá respectar a data de inicio establecida no artigo 2.1 do anexo I destas bases e a data de finalización establecida no artigo 5 da resolución de convocatoria para a xustificación.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentaraa a entidade colaboradora de forma electrónica.

2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvención de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades colaboradoras, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 15.3 destas bases reguladoras.

3. No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen se ter presentado ningunha documentación, requirirase igualmente a entidade colaboradora para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles a presente. Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta de verificación do NIF do solicitante (persoa física).

A presentación da xustificación no prazo adicional de 10 días non eximirá das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 23. Documentación xustificativa do investimento

1. Os documentos de xustificación deberanse presentar dentro do prazo establecido no artigo 21 destas bases reguladoras e, nese momento, os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables.

2. Para que o solicitante cobre a subvención concedida, a entidade colaboradora deberá presentar toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo VII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

3. Documentación xustificativa que se ten que presentar xunto coa solicitude de pagamento:

a) Para xustificar cada un dos gastos realizados achegaranse as facturas, nas cales figurará o importe da axuda e o total que se debe pagar, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento da totalidade do equipamento polo solicitante.

A factura deberá reflectir con claridade os seguintes datos:

– Data de emisión.

– Nome e NIF/NIE do beneficiario.

– Enderezo onde se realiza a obra.

– Descrición detallada da totalidade do equipamento instalado de acordo coa solicitude.

– Base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE.

– Volume do silo.

– Número de serie da caldeira.

– Importe da axuda.

– Importe total da subministración.

– Total que ten que pagar o beneficiario. A factura deberá estar asinada pola entidade colaboradora. Non se admiten as facturas que non cumpran co indicado ou que se manipulen.

i. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os xustificantes bancarios do pagamento realizados polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo polo portelo, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación da persoa, empresa ou entidade que recibe o pagamento, o concepto do pagamento e o número da factura. No caso da banca electrónica deberá vir selado pola entidade financeira.

ii. Non se admitirán os supostos de autofacturación e, en relación coas empresas ou entidades vinculadas co beneficiario que executasen total ou parcialmente as actuacións subvencionadas, deberán concorrer as dúas circunstancias previstas no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

– Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

– Que se obteña a pertinente autorización por parte do órgano xestor.

iii. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos recollidos nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

iv. Non se admitirán pagamentos en metálico.

v. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

vi. No caso de que as persoas beneficiarias da axuda se acollan á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considérase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios.

b) Achegaranse fotografías dos principais equipamentos instalados.

c) Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para as mesmas actuacións subvencionadas, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (anexo IX).

d) Xustificación de ter dado cumprimento ás obrigas establecidas no artigo 9.1.l en relación coa publicidade que o beneficiario deberá dar do financiamento do investimento que se subvenciona.

e) A entidade colaboradora presentará un certificado do instalador en que se indique a data de finalización da instalación subvencionada asinado polo técnico competente; naqueles proxectos de potencia superior aos 70 kW achegarase no seu lugar o correspondente certificado de dirección de obra. En todo caso, a data de finalización da obra debe estar comprendida dentro do período de xustificación. Sempre que sexa obrigatorio para a posta en servizo da instalación, debe presentar o xustificante de solicitude de inscrición no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria no cal se recolla tanto a identificación das características do proxecto como o código de acceso, para ter a posibilidade de verificación se fose necesario.

Artigo 24. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, poderá solicitarse a modificación do seu contido se concorresen as circunstancias previstas no parágrafo segundo deste punto 1. Toda variación das circunstancias tidas en conta para ditar a resolución de concesión poderá dar lugar á modificación da subvención concedida e a entidade colaboradora deberá notificalo mediante a presentación do anexo VIII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

O beneficiario da axuda poderá solicitar a modificación da resolución de concesión polos seguintes motivos:

– Variación do orzamento aceptado polo Inega.

– Obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

– Finamento do titular.

– A alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

– Circunstancias de forza maior e circunstancias asimilables.

Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, cun límite de 20 días hábiles antes da data de finalización do prazo para a realización do proxecto, a entidade colaboradora poderá solicitar a modificación do seu contido.

2. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

3. As entidades colaboradoras terán a obriga de comunicarlle ao Inega as variacións no orzamento respecto á resolución de concesión da subvención, cando o orzamento definitivo sexa inferior a un 80 % do orzamento máximo elixible da instalación subvencionada.

4. A modificación poderase autorizar sempre que:

a) A modificación solicitada non desvirtúe a finalidade da axuda e non supoña incremento do orzamento.

b) Non exista prexuízo a terceiros.

c) Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda.

Artigo 25. Incumprimentos xerais do proxecto

1. Incumprimento total. Se se xustifican conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe total do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinará a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

2. Incumprimento parcial. Se a xustificación é igual ou superior ao 60 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirá a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Artigo 26. Importe para pagar ao solicitante

1. Os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante a comprobación efectuada polo Inega.

O Inega examinará a solicitude de pagamento presentada e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que se lle deberá pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que se lle deberá pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do custo que figura na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado conforme a letra a) supera o importe fixado conforme a letra b) do mesmo parágrafo en máis dun 10 %, aplicarase unha redución ao importe fixado conforme a letra b). A cantidade que se deberá reintegrar será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

2. O reintegro mencionado no número 1 aplicarase aos gastos non admisibles detectados durante as comprobacións efectuadas polo Inega. Os custos examinados serán os custos acumulados contraídos con respecto á operación de que se trate. Isto entenderase sen prexuízo dos resultados dos anteriores controis das operacións de que se trate (artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión).

Artigo 27. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Concesión de subvencións, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Xerencia do Inega. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Xerencia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a: inega.info@xunta.gal.

A cesión de datos de carácter persoal que se debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado, que é o órgano responsable da administración e custodia da base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do afectado.

Artigo 28. Comprobación de investimentos

As operacións de investimento, de ser o caso, de acordo co Plan galego de controis Feader en vigor, incluirán unha visita in situ para comprobar o remate da operación obxecto da solicitude de pagamento. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

Tendo en conta que se trata de instalacións de pouca potencia e investimento, e ao tratarse de axudas destinadas a persoas físicas, non se prevé a realización de acta de non inicio.

Artigo 29. Moderación de custos

En aplicación do disposto no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 48.2.d) do Regulamento 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, o órgano instrutor comprobará en calquera momento, e particularmente nas fases de instrución e de xustificación, a moderación dos custos ou valor de mercado dos gastos subvencionables e xustificados mediante a comparación de ofertas comerciais ou de custos de proxectos similares, prezos coñecidos de mercado ou por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da LSG.

Artigo 30. Reintegro da subvención e réxime sancionador

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, a cantidade que se deberá reintegrar será proporcional ao incumprimento e non poderá superar o 5 % do importe total.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

4. O Inega reserva para si o dereito a realizar cantas comprobacións, inspeccións e demais medidas de control se consideren oportunas para velar pola correcta aplicación dos recursos públicos, e os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados e as de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, as dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Se no curso destas verificacións se detectase que os beneficiarios da subvencións ou as entidades colaboradora adheridas incumpriron algunha das condicións establecidas nestas bases reguladoras, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios e, de ser o caso, a obriga de reintegrar as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

5. Para facer efectiva a devolución a que se refire o número anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. As entidades colaboradoras e os beneficiarios das subvención, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e desenvolvido no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, e ao disposto no título V do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Artigo 31. Non execución ou xustificación do proxecto

Aquelas entidades colaboradoras na tramitación da axuda que na data máxima de remate e xustificación da operacións prevista no artigo 21 non comunicasen a renuncia expresamente a ela e non executasen nin xustificasen o proxecto, sen causa debidamente xustificada e comunicada ao Inega, quedarán excluídas das dúas seguintes convocatorias para actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais de Galicia en que puidesen actuar como entidade colaboradora.

Artigo 32. Réxime de recursos

As resolucións dos procedementos instruídos ao abeiro destas bases esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o presidente da axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o director da axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 33. Normativa de aplicación

1. Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras están previstas pola UE, rexeranse, entre outras, polas seguintes normas:

a) Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015.

b) Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005.

c) Regulamento (CE) nº 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, modificado polos regulamentos (CE) nº 1175/2008, do 27 de novembro; 363/2009, do 4 de maio; 482/2009, do 8 de xuño; 108/2010, do 8 de febreiro; e 679/2011, do 14 de xullo, da Comisión.

d) Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

e) Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

2. Así mesmo, rexeranse pola normativa aplicable ás axudas e subvencións na Comunidade Autónoma, en particular a seguinte:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

f) Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X
Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a entidade colaboradora __________ para a xestión das axudas para actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa cofinanciados con fondos Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Santiago de Compostela, ____ de _________ de ______

Dunha parte, o director do Inega, en virtude das facultades do seu cargo e das que lle foron conferidas en virtude das atribucións que lle confire o artigo 16 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 212, do 8 de novembro) e polo Acordo do Consello da Xunta, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares, publicado mediante a Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda.

Da outra parte___________________________________, con NIF____________, actuando en nome e representación da entidade ________________________________________________ con NIF/CIF _______________, debidamente facultado para subscribir este convenio,

EXPOÑEN:

I. Que o Inega acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para o programa de axudas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa; estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre o Inega e os beneficiarios das axudas que se convoquen para proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables mediante a instalación de equipamentos que utilicen biomasa como combustible para o quentamento dun fluído.

II. Que ambas as partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos aos beneficiarios das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes estipulacións:

Primeira. Obxecto da colaboración

O obxecto deste convenio consiste en establecer un marco de colaboración entre o Inega e a entidade ________________________________________ de acordo coa Resolución do ____ de _______ de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a actuacións dirixidas a mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. ____, do ___ de _______ de ___).

Segunda. Entidade colaboradora

A entidade ______________________________________________________ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido nos artigos 6 e 7 das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e pola que se convocan para o ano 2017 (códigos do procedemento IN417H – IN417I) (en diante, bases reguladoras de axudas), que acredita o cumprimento dos requisitos e das condicións de solvencia económica e técnica previstas na mencionada orde.

Terceira. Prazo de duración

Este convenio terá vixencia ata o 15 de decembro de 2017.

Cuarta. Obrigas da entidade colaboradora

A entidade colaboradora obrígase, ademais de ao establecido no artigo 6 das bases reguladoras das axudas, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao seguinte:

– Asumir a tramitación e xestión ante o Inega das axudas dos beneficiarios.

– Comprobar e certificar o cumprimento das condicións ou requisitos establecidos nas bases reguladoras para que os solicitantes obteñan a condición de beneficiario, así como a idoneidade da documentación que se lles exixe para percibir a subvención.

– Presentar as solicitudes das axudas dos beneficiarios e a documentación xustificativa do desenvolvemento das actuacións tal e como se recolle nas bases reguladoras.

– Venderlle ao solicitante da axuda no marco da iniciativa só os equipos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.

– Comunicarlle ao Inega calquera variación que se produza nos datos inicialmente indicados para adherirse a este convenio, garantindo a confidencialidade dos datos fornecidos.

– Cumprir as normas sobre confidencialidade de datos, concretamente a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e as normas que as desenvolvan.

– Estar sometida ás actuacións de comprobación e control previstas na letra d) do artigo 12 da mencionada Lei 9/2007.

– Estar ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica así como coa Seguridade Social.

– Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

– Cumprir as medidas en materia de información e comunicación sobre o apoio procedente dos fondos Feader, recollidas no anexo XII, número 2, do Regulamento 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Cando unha operación se financie no marco do Feader, a entidade colaboradora asegurarase de que as partes que interveñen na operación foron informadas do dito financiamento e fará constar claramente na súa publicidade ou na información que xere en relación co proxecto subvencionado que foi seleccionado no marco do PDR-Galicia cofinanciado polo Feader.

– Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

Quinta. Compromisos da entidade colaboradora

Ademais dos compromisos establecidos no artigo 6 das bases reguladoras das axudas, a entidade colaboradora comprométese a:

– Coñecer o contido das bases reguladoras destas axudas e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.

– Que ten o domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que posúe a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 6 da resolución.

– Que consente expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega segundo o establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Que non está incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Que lle comunicará ao Inega calquera variación que se poida producir nos datos recollidos nos documentos presentados.

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria en relación ao NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación mencionada, deberá presentar copia do NIF da entidade colaboradora (non do representante legal).

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación mencionada anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día coas súas obrigas cos organismos sinalados anteriormente.

Sexta. Obrigas do Inega

– Facilitar a entidade colaboradora toda a información e documentación normalizada que precise durante a tramitación da convocatoria de axudas.

– Dispor na páxina web do Inega (www.inega.es) unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

– Manter informada en todo momento e comunicarlle á entidade colaboradora o estado de tramitación das axudas.

Sétima. Xustificación dos requisitos dos beneficiarios

A xustificación por parte dos beneficiarios das condicións establecidas para o outorgamento das subvencións correspondentes realizarase no momento da solicitude.

A entidade colaboradora está obrigada a requirirlles aos beneficiarios a documentación establecida nas bases reguladoras das axudas, así como a comprobar esta e a gardar a mencionada documentación durante un período de cinco anos desde a concesión da axuda.

Oitava. Rexistro especial de operacións

A entidade colaboradora, para facilitar a xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas nas bases reguladoras das axudas, levará un rexistro especial das operacións que se realicen dentro de cada convocatoria de axudas, que estará á disposición do Inega e demais órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado e da Comunidade Europea.

Neste rexistro gardarase unha copia da documentación xustificativa das operacións rexistradas, así como da documentación que lle entreguen os beneficiarios.

Novena. Requisitos da entidade e dos beneficiarios

Os requisitos que debe cumprir e facer cumprir a entidade colaboradora nas diferentes fases do procedemento de xestión das subvencións son os que se especifican nos artigos 6 e seguintes das bases reguladoras das axudas.

Décima. Xustificación das subvencións

Os beneficiarios xustificarán as subvencións, a través da entidade colaboradora, nos prazos e na forma prevista nos artigos 19 e 20 das bases reguladoras das axudas.

Décimo primeira. Causas de resolución

Son causas de resolución deste convenio entre o Inega e a entidade colaboradora o incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas súas cláusulas, no articulado das bases reguladoras das axudas, sen prexuízo da tramitación dos compromisos adquiridos con anterioridade sobre expedientes en curso, así como a falsidade ou inexactitude nos datos e documentos presentados polas entidades colaboradoras.

Décimo segunda. Incumprimento

Se no curso das verificacións que realizará o Inega se detectase que a entidade colaboradora incumprise algunha das condicións establecidas na normativa de aplicación, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios.

Décimo terceira. Natureza administrativa

Este convenio ten natureza administrativa e considérase incluído no artigo 4.1.d) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, polo que queda fóra do ámbito da súa aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios desta lei para resolver as dúbidas e lagoas que puidesen presentarse. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio resolveranse de común acordo, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativo.

Décimo cuarta. Normativa reguladora especial

Para todo o non previsto neste convenio observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Acordo do Consello da Xunta do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares; na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, Así como no resto das normas xerais do procedemento administrativo.

Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro das bases reguladoras para actuacións dirixidas a mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, este convenio rexerase, entre outras, polas seguintes normas da UE:

Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015.

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005.

Regulamento (CE) nº 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, modificado polos regulamentos (CE) nº 1175/2008, do 27 de novembro; 363/2009, do 4 de maio; 482/2009, do 8 de xuño; 108/2010, do 8 de febreiro, e 679/2011, do 14 de xullo, da Comisión.

Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (BOE núm. 1, do 1 de xaneiro de 2010).

(Sinatura)

O director do Inega

Ángel Bernardo Tahoces

(Sinatura)

A entidade colaboradora, ______

Representante legal de ________

A entidade colaboradora remitirá dúas copias do convenio asinado polo representante legal. O convenio de colaboración asinado polo director do Inega remitiráselle á entidade colaboradora unha vez resolta a solicitude de adhesión.