Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente As-3/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-3/2017.

2. Obxecto do contrato: servizo de asistencia técnica para apoio na elaboración de informes de supervisión de proxectos por parte de técnicos municipais, por lotes (lote 1: proxectos de infraestruturas, lote 2: proxectos de edificación). Duración: dous anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 60.000 € anuais (30.000 para cada lote), IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automáticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director da Área de Economía, Facenda e Administración