1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-5/2017.
2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento do sistema de climatización nas bibliotecas municipais Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 7.000 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 23 de febreiro de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director da Área de Economía, Facenda e Administración