Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11001

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U.

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo de Nea F3 Ibérica, S.L.U., con data do 23 de decembro de 2016, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Secretaría Xeral de Emprego

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta de acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de
Nea F3 Ibérica, S.L.U.

Vigo, 23 de decembro de 2016

Reunidos:

Por parte da empresa, Manuel Rivas Sabugueiro.

Pola representación dos/das traballadores/traballadoras Juan Miguel Varela de la Torre, Modesto Martínez Montes, José Juan Vázquez López, José Ventura Veira Mosquera, Fernando Barcia Pérez e Ángel Manuel Gallego Romero.

Expoñen:

Que, tras varias reunións entre as partes da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U. se chegou ao seguinte acordo definitivo:

Primeiro. Ambas as partes acordan prorrogar a vixencia do convenio colectivo do ano 2013 durante dous anos, contados desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2017.

O convenio prorrogarase de ano en ano se non media denuncia expresa das partes con 3 meses de antelación. En caso de denuncia do convenio, este continuará vixente ata a súa substitución por un novo, con independencia do tempo que se prolongue a súa negociación.

Segundo. Ambas as partes acordan un incremento salarial do 1 por cento para todas as categorías dos conceptos salario base integrado, condición adquirida máis beneficiosa actualizable e condición adquirida máis beneficiosa non actualizable. O incremento durante o ano 2016 da condición adquirida máis beneficiosa non actualizable non implica a perda da súa condición non actualizable, e non obriga a empresa a realizar incrementos no devandito concepto en anos posteriores.

Establécese a seguinte táboa salarial:

Categoría

Salario base ano 2016

Grupo prof. 0

20.708,56 €

Grupo prof. I

18.207,80 €

Grupo prof. II

15.836,96 €

Grupo prof. III

15.113,48 €

Grupo prof. IV

14.879,64 €

Grupo prof. V

14.413,27 €

Grupo prof. VI

14.174,74 €

Grupo prof. VII

13.972,74 €

Aqueles/as traballadores/as cuxos ingresos (salario base, condición persoal actualizable, condición persoal non actualizable e comisións) fosen iguais ou inferiores a 17.000 euros durante o ano 2015 (prestando servizos durante todo o ano 2015), terán un incremento dun 1 por cento adicional dos conceptos salario base, condición persoal actualizable e condición persoal non actualizable.

Este incremento adicional realizarase da seguinte forma: incrementarase un 1 por cento adicional a condición persoal non actualizable, e o importe equivalente ao incremento do 1 por cento adicional do salario base e da condición persoal actualizable reflectirase neste último concepto.

Terceiro. Ambas as partes acordan que a empresa aboará os atrasos devindicados pola sinatura do presente acordo aos/as traballadores/as coa mensualidade do mes de setembro de 2016.

Cuarto. Prima de obxectivos

Se os obxectivos previstos pola empresa se cumpriron (alcanzar durante o exercicio 2016 un beneficio antes de impostos igual ou superior ao alcanzado durante o exercicio 2015), a empresa aboará a aqueles/as traballadores/as cuxos ingresos (salario base, condición persoal actualizable, condición persoal non actualizable e comisións) fosen superiores a 17.000 euros durante o ano 2015, nun único pagamento non consolidable, o equivalente ao 0,6 por cento do salario base integrado, condición adquirida máis beneficiosa actualizable e condición adquirida máis beneficiosa non actualizable.

A empresa aboará a prima por obxectivos coa nómina do mes de abril do ano 2017.

Quinto. Data de aplicación das táboas salariais

As táboas salariais recollidas no presente acordo aplicaranse a partir de setembro de 2016.

O que así subscriben as partes no lugar e na data arriba indicados.