Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 12084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (62/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mariño López contra Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuel Mariño Pérez fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, parte executada, en forma solidaria, por importe de 5.927,35 euros en concepto de principal, máis outros 592,73 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación e as débedas non serán admisibles como causa de oposición á execución».

«Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M, Fernández, S.L.U., dar audiencia previa á parte demandante Manuel Mariño López e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS».

Para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza