Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12227

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2017, o tribunal designado pola Orde do 13 de abril do 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril) para cualificar proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 xuño) pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso de selección.

Segundo. De acordo co establecido na base II.I.4 da orde da convocatoria, superaron o exercicio aqueles aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.7, concédese un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do terceiro exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal