Na sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril) designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño ), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:
Primeiro. Modificar, baseándose nas alegacións presentadas, a puntuación obtida no segundo exercicio da fase de oposición do seguinte aspirante, que queda como segue, polo que, de acordo co establecido na base II.1.3 da convocatoria, superaría este exercicio:
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación |
44462920X |
Carrera Casas, Manuel |
18,75 |
Segundo. Declarar o aspirante exento da realización do terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.4. da convocatoria.
Terceiro. De acordo co establecido na base II.3.3 da convocatoria e na Resolución do 15 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo, o aspirante disporá dun prazo de dez (10) días hábiles computados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, conforme o procedemento establecido na devandita resolución.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017
Laura María González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal