Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (CUA 410-/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento conta de avogados 410/2016 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Carlos Castro Álvarez contra Paulina Kinga Siwiec Zygmunt sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Ter por finalizado e arquivar o presente procedemento, podendo presentar a parte demandante a oportuna demanda de execución.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, levándose o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paulina Siwiec Zygmunt, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza