Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 494/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 494/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Seoane Freire contra Servizo Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Na cidade de Santiago de Compostela o 30 de decembro do ano 2016.

Sentenza.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Ana Isabel Seoane Freire, representada pola letrada Marisol Romero Salgado, contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., e o Fogasa, incomparecidos, ambos os dous, ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Decido

1º. Que estimando integramente a demanda promovida por Ana Isabel Seoane Freire contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales debo condenala e condénoa a que aboe, á demandante, a cantidade de 4.718,82 euros en concepto de salarios atrasados, que deberá resultar incrementada co 10 % de xuros, en concepto de demora computado na forma indicada no fundamento xurídico “terceiro” da presente resolución, e a cantidade de 5.238,2 euros, en concepto de contía pendente da indemnización por despedimento -que deberá resultar incrementada, se é o caso, co xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos porcentuais e computado desde o ditado da presente resolución ata o completo aboamento da cifra obxecto de condena.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a estar e pasar pola condena imposta á aludida codemandada.

Póñase esta resolución en coñecemento das partes, facéndolles saber que, contra ela, poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza