Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12360004/2009 e 12360020/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 relativa aos expedientes de subvención número 12360004/2009 e 12360020/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle ao interesado un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, en que poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte o da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención núm. 12360004/2009.

Interesado: CMVMC de Castro do Cabo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Castro do Cabo, nº 7, Cerdedo 36116, Pontevedra.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención núm. 12360020/2009.

Interesado: CMVMC de Xunqueiras.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Xunqueiras, nº 1, Pazos de Borbén 36844, Pontevedra.