Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0135/2016-IO e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que comparecesen, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 2 de marzo de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0135/2016-IO.

Denunciada: Adoración Suárez Suárez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0140/2016-BIO.

Denunciado: Ángel Porto Groba.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0141/2016-BIO.

Denunciado: Delfín Álvarez Castro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0149/2016-VNA.

Denunciado: Rogelio Pereira de los Ángeles.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0152/2016-VNA.

Denunciado: Benito Durán Martínez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0162/2016-VNA.

Denunciado: Cándido Crespo Moreira.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0163/2016-VNA.

Denunciada: Au Pujayo, S.L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0094/2016-DIA.

Denunciada: María Victoria Barreiro Barral.

Acto de notificación: proposta de resolución.