Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12709

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2017 pola que se fai publica a formalización dun contrato cofinanciado nun 80 % polo programa operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, no seu obxectivo temático 9.

missing image file

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e conforme ao establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro de 2006, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro de 2009, da Comisión, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato, financiado nun 80 % polo programa operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, no seu obxectivo temático 9.

– Nº expediente: CGSIB/001/16/SE/LIMP-INC-FSE.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: servizo de limpeza das oficinas dos equipos comarcais de inclusión sociolaboral no marco da estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 57.499,20 €.

Adxudicataria: Limpiezas Compostela, S.L.

Data de formalización do contrato: 28.2.2017.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar