Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12708

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela M-5 do SUP.1-R (expediente FG 611).

Por Resolución desta Alcaldía nº 663 con data do 23 de febreiro de 2017, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela M5 do sector do Plan parcial do SUP.1-R Carballido, en Perillo (documento nº 1024, do 26.1.2017).

De conformidade co artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que consideren oportunas.

Oleiros, 3 de marzo de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente