Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de convocatoria do proceso de selección de persoal funcionario, pola quenda de promoción interna, de oficial da policía local, escala básica da policía local, grupo C1.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 45, do 23 de febreiro de 2017, publicáronse integramente as bases que deben rexer o proceso para seleccionar un oficial de policía local, escala básica da policía local, grupo C1, como funcionario por quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Monforte de Lemos, 27 de febreiro de 2017

José Tomé Roca
Alcalde