Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (869/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 869/2014, por instancia de María Dolores Penalonga Ruiz contra Confederación de Autónomos y Profesionales de España (CAYPE) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu auto de aclaración con data 17 de febreiro de 2017 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

SSª acorda: é procedente a aclaración solicitada.

En consecuencia, a resolución da sentenza quedará do teor literal seguinte:

Resolución:

Condénase a Confederación de Autónomos y Profesionales de España (CAYPE) a aboar a María Dolores Penalonga Ruiz a cantidade de dous mil novecentos sesenta e seis euros con corenta e nove céntimos (2.966,49 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Confederación de Autónomos y Profesionales de España (CAYPE), expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial