Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (576/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 576/2014, por instancia de Mercedes Vilela Meléndez contra a empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data 14 de febreiro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda formulada por Mercedes Vilela Meléndez fronte á empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a Tercera Edad Servicios del Norte, S.L. a aboar a Mercedes Vilela Meléndez a cantidade de novecentos noventa e catro euros con sesenta e catro céntimos (994,64 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial