Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 49/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 49/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Noya Pereira contra Masalo 10, S.L.e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza.

Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. María del Carmen Noya Pereira solicitou a execución da sentenza nº 335/16, con data do 28.10.2016, ditada no procedemento DOI 599/16, fronte a Masalo 10, S.L.e Fogasa.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional que xulga e fai executar o xulgado corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 CE e artigo 2 LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que coñecese do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada esta, tramitarase de oficio e ditaranse para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 da LXS sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do/dos traballador/es no prazo e nas condicións legalmente previstos, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto na sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante María del Carmen Noya Pereira fronte a Masalo 10, S.L.e Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017.

Despois de presentar a traballadora María del Carmen Noya Pereira escrito en que exixía o cumprimento por parte do empresario Masalo 10, S.L.U. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 14.2.2017, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 26.4.2017, ás 12.40 horas, para a celebración da comparecencia.

– De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/s represente, considerarase que desiste/n na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

– Así mesmo, acordo a citación do executado por medio de edictos por encontrarse en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo, 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza