Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13016

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (612/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 612/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Gómez Pérez fronte a Construcción Pública Gallega, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Enrique Gómez Pérez da súa demanda fronte a Construcción Pública Gallega, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcción Pública Gallega, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza