Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (27/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 27/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Busto García contra Químicos del Ulla, Fernando Mosquera Vieites e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Carlos Busto García da súa demanda fronte a Químicos del Ulla, S.L., Fernando Mosquera Vieites e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Químicos del Ulla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza