Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 12969

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 6 de marzo de 2017 pola que se declara deserto un posto de traballo vacante nesta consellería convocado para a provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 23 de xullo de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 147, do 4 de agosto).

Por Orde do 23 de xullo de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 147, do 4 de agosto), e de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante nesta consellería que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e demais de xeral e pertinente aplicación e por proposta da Dirección Xeral de Mobilidade, no uso das atribucións conferidas no artigo 17.2.c) da mesma lei, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserta a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Estudos e Apoio Xurídico.

Código do posto de traballo: IV.C03.00.000.15770.040.

Centro directivo: Dirección Xeral de Mobilidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral.