Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 12971

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de marzo de 2017 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica os artigos 133, 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser candidatos a director e o procedemento de selección. No artigo 135.1 establécese que para a selección das direccións nos centros públicos, as administracións educativas convocarán concurso de méritos e establecerán os criterios obxectivos e o procedemento de selección, así como os criterios de valoración dos méritos do candidato e do proxecto presentado.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2016/17 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

A convocatoria axústase ao previsto na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa e aos preceptos que se manteñen vixentes do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I a esta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á Dirección

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de activo, o último centro no se que se prestou servizos debe ser dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e deberá reunir os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2017.

2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b) e c) do punto 1 desta epígrafe.

Terceiro. Solicitudes e documentación

1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt.

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario.

Xunto coa solicitude achegarase ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ao previsto nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O proxecto de dirección non excederá de 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, espazo entre liñas: 1,5.

c) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere idónea en interese da súa solicitude.

2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará a disposición dos membros do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a Dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.

4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar no rexistro da Xunta de Galicia ou das súas delegacións territoriais, ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte dias naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Comisión de Selección

1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia, e que terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Tres inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Dúas profesoras ou profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. No caso de producirse empate no número de votos repetirase unha vez a votación e de persistir o empate dirimirase por sorteo.

d) Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os membros do Consello Escolar. No caso de producirse empate no número de votos repetirase unha vez a votación e de persistir o empate dirimirase por sorteo.

2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do Claustro de Profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.

3. A representación do Consello Escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

4. En ningún caso, as candidatas ou candidatos á Dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.

5. Designaranse suplentes dos membros da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.

6. Aos membros da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7. A Dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do Claustro e do Consello Escolar na Comisión de Selección á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.

8. A non elección dos representantes do Claustro de Profesores ou do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.

9. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Sexto. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á Dirección non lle permita ao Claustro elixir dous membros de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:

– Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

– Dous inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Un profesor ou profesora do centro elixida polo Claustro de Profesorado.

– Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os seus compoñentes.

Sétimo. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento

1. Recibidas as solicitudes dirixidas á Xefatura Territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou rexeitamento da súa petición.

2. Contra o rexeitamento da solicitude, os aspirantes poderán presentar reclamación ante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde.

4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. Contra as puntuacións outorgadas pola Comisión de Selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

Oitavo. Selección das candidaturas

1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a Dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

3. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

4. Se unha candidata ou candidato resultase seleccionado para dous centros, resultará nomeado no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeado no centro polo que opte, e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido a outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Noveno. Recursos

Contra a decisión da Comisión de Selección, en que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da Dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo. Nomeamento

1. A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora ou director a persoa proposta pola comisión avaliadora.

2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2017 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a Dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Décimo primeiro. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a Dirección será nomeada pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o Claustro de Profesores e o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Centros con praza vacante de Dirección para o curso 2016/17

Código

Centro

Concello

Provincia

15005026

CEIP Sanjurjo de Carricarte

A Coruña

A Coruña

15005336

CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña

A Coruña

15021792

CEIP Salgado Torres

A Coruña

A Coruña

15007886

CEIP Ramón Otero Pedrayo

A Laracha

A Coruña

15013199

CEP Salustiano Rey Eiras

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

15025220

CEP Plurilingüe de Ventín

Ames

A Coruña

15032625

CEIP Agro do Muíño

Ames

A Coruña

15000363

CEIP Ponte dos Brozos

Arteixo

A Coruña

15026194

CEIP Plurilingüe A Fraga

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15001124

CEIP Francisco Vales Villamarín

Betanzos

A Coruña

15001367

CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

Boiro

A Coruña

15021500

CEIP Santa Baia

Boiro

A Coruña

15002025

CEIP Plurilingüe Eladia Mariño

Cabanas

A Coruña

15002050

CEIP O Areal

Camariñas

A Coruña

15002086

CEIP de Ponte do Porto

Camariñas

A Coruña

15021354

CEIP Bergantiños

Carballo

A Coruña

15011661

CEIP Manuel Fraga Iribarne

Cariño

A Coruña

15002761

CEIP de Carnota

Carnota

A Coruña

15032959

CEIP Vicente Otero Valcárcel

Carral

A Coruña

15003054

CEIP Nicolás del Río

Cedeira

A Coruña

15003248

CEIP Eugenio López

Cee

A Coruña

15003534

CEIP da Barqueira

Cerdido

A Coruña

15002670

CEIP Canosa-Rus

Coristanco

A Coruña

15003807

CEIP de Bormoio-Agualada

Coristanco

A Coruña

15032492

CRA de Dodro

Dodro

A Coruña

15021810

CEIP Santa Eulalia de Dumbría

Dumbría

A Coruña

15022981

CEIP Plurilingüe de Centieiras

Fene

A Coruña

15026960

CEIP de Ponzos

Ferrol

A Coruña

15023910

CEIP Martagona

Melide

A Coruña

15027526

CEIP Mestre Pastor Barral

Melide

A Coruña

15009081

CEIP de San Ramón

Moeche

A Coruña

15009676

CEIP Virxe da Barca

Muxía

A Coruña

15022310

CEIP A Gándara

Narón

A Coruña

15032911

CEIP de Oleiros

Oleiros

A Coruña

15025487

CEIP Campomaior

Ordes

A Coruña

15011981

CEIP José María Lage

Ortigueira

A Coruña

15012742

CEIP Flavia

Padrón

A Coruña

15013291

CEIP Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

A Coruña

15013928

CEIP de Sobrado-Nebra

Porto do Son

A Coruña

15027401

CEIP Ana María Diéguez

Rianxo

A Coruña

15024771

CEP Plurilingüe de Carreira

Ribeira

A Coruña

15015652

CEIP Apóstolo Santiago

Santiago de Compostela

A Coruña

15015998

CEIP Ramón Cabanillas

Santiago de Compostela

A Coruña

15016012

CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

Santiago de Compostela

A Coruña

15027332

CEIP das Fontiñas

Santiago de Compostela

A Coruña

15016450

CEIP de Arcediago

Santiso

A Coruña

15019372

CEIP Plurilingüe San Vicenzo

Vimianzo

A Coruña

15026789

CEIP Baíñas

Vimianzo

A Coruña

15032145

IES de Pastoriza

Arteixo

A Coruña

15027733

IES de Arzúa

Arzúa

A Coruña

15001136

IES Francisco Aguiar

Betanzos

A Coruña

15001239

CPI Armando Cotarelo Valledor

Boimorto

A Coruña

15023338

IES Praia Barraña

Boiro

A Coruña

15001926

CPI As Revoltas

Cabana de Bergantiños

A Coruña

15032923

IES de Carral

Carral

A Coruña

15003212

IES Agra de Raíces

Cee

A Coruña

15025611

IES Monte das Moas

A Coruña

A Coruña

15005579

IES Plurilingüe Elviña

A Coruña

A Coruña

15005002

IES Ramón Otero Pedrayo

A Coruña

A Coruña

15005233

IES Agra do Orzán

A Coruña

A Coruña

15032935

IES Rego de Trabe

Culleredo

A Coruña

15007621

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

15027927

IES Ramón Caamaño

Muxía

A Coruña

15025268

IES As Telleiras

Narón

A Coruña

15026731

IES Campo de San Alberto

Noia

A Coruña

15012730

IES Camilo José Cela

Padrón

A Coruña

15026406

IES de Ponteceso

Ponteceso

A Coruña

15026029

IES Isaac Díaz Pardo

Sada

A Coruña

15014957

CPI de San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

15026030

IES Terra de Xallas

Santa Comba

A Coruña

15026418

IES Terra de Soneira

Vimianzo

A Coruña

15019281

CPI de Zas

Zas

A Coruña

27014811

IES Plurilingüe Fontem Albei

A Fonsagrada

Lugo

27016716

IES Fonmiñá

A Pastoriza

Lugo

27016297

IES Enrique Muruais

A Pontenova

Lugo

27013958

IES Monte Castelo

Burela

Lugo

27015761

IES Ánxel Fole

Lugo

Lugo

27016704

IES Leiras Pulpeiro

Lugo

Lugo

27016303

IES Pedregal de Irimia

Meira

Lugo

27007259

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

Lugo

27013314

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Lugo

27013922

CEIP do Castro de Ouro

Alfoz

Lugo

27001816

CEIP Veleiro-Docampo

Castro de Rei

Lugo

27015301

CEIP de Cervo

Cervo

Lugo

27020859

CEIP de Cervo nº 1

Cervo

Lugo

27003126

CEIP Xoán de Requeixo

Chantada

Lugo

27014793

CEIP Paradai

Lugo

Lugo

27016728

CEIP Illa Verde

Lugo

Lugo

27012887

CEIP do Vicedo

O Vicedo

Lugo

27015827

CEIP Terra Chá

Vilalba

Lugo

27016406

CEIP Plurilingüe de Covas

Viveiro

Lugo

27016170

CEIP Plurilingüe Santa Rita

Viveiro

Lugo

27014859

CEIP de Xermade

Xermade

Lugo

27005691

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán

Xove

Lugo

32016339

IES de Allariz

Allariz

Ourense

32020781

CEIP do Ruxidoiro

Barbadás

Ourense

32016789

CEIP Filomena Dato

Barbadás

Ourense

32002122

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Boborás

Ourense

32003059

CEIP San Marcos

Cartelle

Ourense

32015682

CEIP de Castrelo do Val

Castrelo do Val

Ourense

32003771

CEIP Curros Enríquez

Celanova

Ourense

32016625

IES de Celanova

Celanova

Ourense

32006358

CEIP do Xurés

Lobios

Ourense

32020801

CRA de Monterrei

Monterrei

Ourense

32015219

CEIP Manuel Sueiro

Ourense

Ourense

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

Ourense

Ourense

32016273

IES Xesús Ferro Couselo

Ourense

Ourense

32015876

IES Xermán Ancoechea Quevedo

Pobra de Trives

Ourense

32011901

CEIP Virxe do Camiño

Rubiá

Ourense

32012103

CPI Virxe da Saleta

San Cristovo de Cea

Ourense

36006195

CEIP A Carballeira

Pontevedra

Pontevedra

36007539

CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas

Pontevedra

36010150

CEIP Mestres Goldar

Vigo

Pontevedra

36009998

CEIP de Mosteiro-Bembrive

Vigo

Pontevedra

36004681

CEIP de Seixo

Marín

Pontevedra

36010137

CEIP da Igrexa-Candeán

Vigo

Pontevedra

36012985

CEIP de Sestelo-Baión

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36010538

CEIP Lope de Vega

Vigo

Pontevedra

36010228

CEIP A Paz

Vigo

Pontevedra

36015241

CEP Celso Emilio Ferreiro

Vigo

Pontevedra

36009974

CEIP de Coutada-Beade

Vigo

Pontevedra

36016772

CEE de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36004460

CEIP de Ardán

Marín

Pontevedra

36004691

CEIP de Coirón-Dena

Meaño

Pontevedra

36024045

CRA Mestre Manuel Garcés

Tomiño

Pontevedra

36018422

CEIP Plurilingüe de Atios

O Porriño

Pontevedra

36002220

CEIP Cabada Vázquez

A Estrada

Pontevedra

36015093

CEIP San Tomé

Cambados

Pontevedra

36018884

EPAPU Berbés

Vigo

Pontevedra

36016796

EEI de Verducedo

Moaña

Pontevedra

36015068

CEIP Balaídos

Vigo

Pontevedra

36009135

CEIP de Silleda

Silleda

Pontevedra

36014672

CEIP Serra-Vincios

Gondomar

Pontevedra

36015366

CEIP O Pombal

Vigo

Pontevedra

36018410

CEIP Quintela

Redondela

Pontevedra

36001057

CEIP do Hío

Cangas

Pontevedra

36016929

CEIP da Cruz-Budiño

O Porriño

Pontevedra

36019611

CEP Marcos da Portela

Pontevedra

Pontevedra

36010587

CEIP de Sárdoma-Moledo

Vigo

Pontevedra

36010083

CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

Vigo

Pontevedra

36003388

CEIP Doutor Suárez

Fornelos de Montes

Pontevedra

36013552

CEIP de Seara

Moaña

Pontevedra

36015007

CEIP de Cedeira

Redondela

Pontevedra

36017201

CEE Príncipe Felipe

Pontevedra

Pontevedra

36019773

EEI da Pastora

Cambados

Pontevedra

36014556

CEP Santa Tegra-Teis

Vigo

Pontevedra

36001665

CEIP de Tenorio

Cotobade

Pontevedra

36002347

CEIP Pérez Viondi

A Estrada

Pontevedra

36012742

CEIP de Vilaxoán

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36012183

CEIP Nosa Señora da Piedade

Vila de Cruces

Pontevedra

36013576

CPI Manuel Suárez Marquier

O Rosal

Pontevedra

36001252

CPI do Progreso

Catoira

Pontevedra

36016590

CEIP de Abelendo

Moaña

Pontevedra

36015652

CEIP O Piñeiriño

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36006353

CEIP de Vilaverde-Mourente

Pontevedra

Pontevedra

36019438

CEIP A Guía

Moaña

Pontevedra

36006833

CEIP San Martiño

Pontevedra

Pontevedra

36005774

CEIP Humberto Juanes

Nigrán

Pontevedra

36001033

CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo

Cangas

Pontevedra

36019153

EEI Rúa Hernán Cortés

Vigo

Pontevedra

36015810

CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

Vigo

Pontevedra

36001975

CEIP Pío Cabanillas Gallas

Dozón

Pontevedra

36008805

CEIP de Portonovo

Sanxenxo

Pontevedra

36012584

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36000508

CEIP Plurilingüe de Castrelo

Cambados

Pontevedra

36015263

CEIP de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013761

IES A Xunqueira I

Pontevedra

Pontevedra

36016814

EEI do Con

Moaña

Pontevedra

36015160

EEI As Dunas Panxón

Nigrán

Pontevedra

36014520

IES Pedra da Auga

Ponteareas

Pontevedra

36011592

IES Santa Irene

Vigo

Pontevedra

36020301

IES de Meaño

Meaño

Pontevedra

36019657

IES Primeiro de Marzo

Baiona

Pontevedra

36020295

IES Mestre Landín

Marín

Pontevedra

36016656

IES Pedro Floriani

Redondela

Pontevedra

36019621

ES de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Pontevedra

Pontevedra

36019062

IES Rosais 2

Vigo

Pontevedra

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

Pontevedra

36005142

CPI Santa Lucía

Moraña

Pontevedra

36009172

CPI Manuel Padín Truiteiro

Soutomaior

Pontevedra

36014601

IES Álvaro Cunqueiro

Vigo

Pontevedra

36001148

CPI da Cañiza

A Cañiza

Pontevedra

36015184

IES Escolas Proval

Nigrán

Pontevedra

36019323

IES Chano Piñeiro

Forcarei

Pontevedra

36016127

IES Plurilingüe Aquis Celenis

Caldas de Reis

Pontevedra

36019232

IES Monte da Vila

O Grove

Pontevedra

36011798

IES Alexandre Bóveda

Vigo

Pontevedra

36000922

IES María Soliño

Cangas

Pontevedra

36020131

IES de Mos

Mos

Pontevedra

36016681

IES Carlos Casares

Vigo

Pontevedra

36015159

IES Chan do Monte

Marín

Pontevedra

36002359

IES Antón Losada Diéguez

A Estrada

Pontevedra

36013771

IES Fermín Bouza Brey

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36004708

CPI de Mosteiro-Meis

Meis

Pontevedra

36024781

IES do Barral

Ponteareas

Pontevedra

36019050

IES de Beade

Vigo

Pontevedra

36024197

IES de Cotobade

Cotobade

Pontevedra

36004551

IES Illa de Tambo

Marín

Pontevedra

36019751

IES de Tomiño

Tomiño

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos).

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da Dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos).

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro ao que se opta

b) Noutros centros

1

0,60

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro ao que se opta

b) Noutros centros

0,50

0,30

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento.

3. Méritos académicos: máximo 1 punto.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento.

6. Servizo activo

Por estar en situación de servizo activo

2,00

7. Destino

Por ter destino definitivo no centro ao que se concursa

2,00

8. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

ANEXO III
Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección
dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten
as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, praza..., número, piso)

Localidade (con indicativo postal)

Provincia

Telf. fixo

Telf. móbil

2. Datos do destino.

Destino definitivo

Corpo/especialidade

Destino provisional

Corpo/especialidade

3. Centro docente que solicita.

Orde

Código

Centro

Concello

1

2

…………………………………....., ... de………………... de 20...

Sinatura

Xefatura Territorial de ………………….