Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución de desistencia de subvención, regulada na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro), relativa ao expediente TR349F 2016/081-5.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación, dos actos administrativos que se indican no anexo, no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, rúa Concepción Arenal, 8, 2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoa de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 6 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: TR 349F 2016/081-5.

Nome: Wagner D. Ramírez Contreras.

CIF/NIF: 51738828Y.

Último enderezo coñecido: avenida Olímpico Francisco Fernández Ochoa, 18, 28923 Alcorcón (Madrid).

Tipo de axuda: programa de axudas as persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Contido da resolución: declarar a desistencia da solicitude.

Data da resolución: 13.1.2017.