Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda concedida ao abeiro da Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Intentouse a notificación por correo certificado á interesada citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo ditado no correspondente expediente.

Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A interesada dispón dun prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que xulgue oportuna ante o órgano competente, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña; rúa Salvador de Madariaga, 9-1º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, advertíndoa de que, de non facelo, se terá por notificada cos efectos que correspondan.

A Coruña, 6 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D-2014/000891-1.

Acuerdo de inicio do procedemento de reintegro.

Solicitante: Yoana Vidal Longa.

NIF/NIE: 32688703E.

Concello: Cabanas.

Materia: subvención promoción de emprego polo concepto de establecemento como persoa traballadora autónoma.

Data acordo: 24 de novembro de 2016.