Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 1 de marzo de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación da Serra de Penaloba a favor dos veciños de Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de decembro de 2016, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Denominación do monte: Ampliación de Serra de Penaloba.

Superficie: 18,42 ha.

Pertenza: veciños de Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea.

Parroquia: Guntín.

Concello: Os Blancos.

O monte veciñal ampliaríase en 18,42 ha, superficie total que abranguen as catro parcelas, coas características catastrais resumidas no seguinte cadro:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Superficie catastral
(ha)

Superficie en clasificación
(ha)

Os Blancos (13)

55

170

32013A05500170

11,15

11,15

172

32013A05500172

0,06

0,06

56

164

32013A05600164

0,78

0,78

53

157

32013A05300177

6,43

6,43

Superficie total en clasificación

18,42

Os estremeiros de cada unha das parcelas quedan identificados polos números de polígono e parcela facendo referencia aos puntos cardinais como segue:

A. Lindeiros da parcela 170 do polígono 55.

a) Perímetro exterior.

Norte: polígono 55, parcelas: 134, 138, 140, 141, 139, 142, 143 e 144.

Leste: polígono 55, parcelas 145, 146, 147, 148, 149, 151, 152, 26, 33, 34, 35, 39, 41, 42, 43, 44, 42, 46, 47, 58, 57, 56, 55, 54, 52, 53.

Sur: polígono 54, parcelas: 9008 (camiño de Pexeiras a Texós que a separa das parcelas: 549, 592, 591, 566, 382).

Oeste: polígono 55, parcelas 64, 63, 59, 60, 67, 116, 165, 166, 167, 168, 169, 120, 121, 122, 164, 163, 132, 131, 9001.

b) Perímetro interior (encravado).

Parcela 133 do polígono 55.

B. Lindeiros da parcela 172 do polígono 55.

Norte e oeste: polígono 55, parcela 9001.

Leste: polígono 55, parcelas 94, 93, 92.

Sur: polígono 54, parcela 9008.

C. Lindeiros da parcela 164 do polígono 56.

Norte: polígono 56, parcela 9010.

Leste: polígono 56, parcelas: 149, 147, 148.

Sur: polígono 56, parcela 160.

Oeste: polígono 56, parcela 9005.

D. Lindeiros da parcela 157 do polígono 53.

Norte: polígono 51, parcela 9013.

Leste: polígono 53, parcelas: 9008, 359, 374, 375, 376, 381, 382, 383, 384, 385.

Sur: polígono 53, parcelas: 386, 342, 177.

Oeste: polígono 53, parcelas: 160, 159, 158. Polígono 51, parcela 9013.

A clasificación destes terreos non afecta ningún monte veciñal en man común dos clasificados ata a data nin dos que están en trámites de clasificación. Non invade montes catalogados de utilidade pública, montes cualificados como protectores ou con outras figuras de especial protección, e non están afectados por consorcios ou convenios para a xestión forestal pública.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 1 de marzo de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense