Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefina Rodríguez Rodríguez.

Josefina Rodríguez Rodríguez, con DNI 15014450G, nada na Guarda (Pontevedra) o 19 de marzo de 1916, faleceu o 10 de febreiro de 2015, con residencia no centro xeriátrico Monte Tecla e derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na rúa Ireira nº 10, da Guarda, datos que constan comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 27 de febreiro de 2017, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, no exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio no artigo 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos artigos 4 e 7 do Decreto 101/2014, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,

ACORDO:

Primeiro. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Josefina Rodríguez Rodríguez.

Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, na área temática de patrimonio, anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda.

O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contado desde a data de adopción deste acordo.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código de expediente ABI/2015/0030, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, CP 15781 Santiago de Compostela.

Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a cal se poderá presentar no tempo e na forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda