Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2016/0037).

Consonte o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a apertura do trámite de audiencia no procedemento de solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se ignora cal é o seu enderezo (expediente LU-2016/0037).

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes.

O expediente mencionado atópase á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 31 de xaneiro de 2017

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/pasaporte

LU-2016/0037

Julio César Paniagua Fernández

VLO136688