Con data 26 de setembro de 2016, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza –que é firme– cuxa decisión dispón:
«Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto por Sandra Orgeira Rodríguez contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 15 de outubro de 2010, pola que se fan públicos diversos acordos do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, quenda libre, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008. Recoñécese o dereito á superación do segundo exercicio (ambas as probas) coas consecuencias e alcance expresado no fundamento de dereito sexto».
En execución da dita sentenza, a puntuación que a demandante obtén no proceso selectivo é:
1º exercicio |
2º exercicio |
3º exercicio |
Total |
15,13 |
13 |
Exenta |
28,13 |
De conformidade coa puntuación total obtida no proceso selectivo, correspóndelle a cuarta (4) posición na orde de prelación dos aspirantes, polo que superaría o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 240, do 16 de decembro de 2010, e DOG núm. 55, do 18 de marzo de 2011).
De acordo co exposto, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Nomear funcionaria de carreira do corpo superior de administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, a Sandra Orgeira Rodríguez, aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 en execución da Sentenza do 26 de setembro de 2016 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 656/2011, e adxudicarlle como destino definitivo o posto de traballo que figura no anexo.
Segundo. Este nomeamento ten efectos administrativos e económicos desde o día 21 de marzo de 2011, primeiro día hábil de toma de posesión do resto das persoas aspirantes nomeadas funcionarias do dito corpo mediante a Orde da Consellería de Facenda do 15 de marzo de 2011 (DOG núm. 55, do 18 de marzo), aínda tal como establece a sentenza obxecto de execución no seu fundamento de dereito sexto «E esa igualdade de condicións económicas cos restantes aprobados, dado que estes últimos prestaron servizo desde a súa toma de posesión, comporta que os dereitos retributivos obxecto de recoñecemento retroactivo á demandante eviten o recoñecemento inxusto ou duplicidade, debendo minorarse en canto aos rendementos de traballo que obtivese de forma efectiva no dito período».
Terceiro. Para adquirir a condición de funcionaria do corpo superior de administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, a aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante ao conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017
Valeirano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Apelidos e nome |
DNI |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Nivel |
Grupo |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Orgeira Rodríguez, Sandra |
32681489F |
PRC991000015001005 |
PR |
Posto base subgrupo A1 |
20 |
A1 |
Xefatura territorial |
Servizos periférios |
A Coruña |