En sesión que tivo lugar o día 3 de marzo de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,
ACORDOU:
Primeiro. Anular, con base nos recursos de alzada presentados, a pregunta número 2, que pasará a ser substituída pola pregunta de reserva número 23.
Segundo. Modificar a nota de corte acordada na Resolución do 19 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro) e fixar, para a quenda de acceso libre, en oito (8) o número de respostas correctas precisas para acadar a puntuación mínima requirida segundo o disposto na base II.1.2 da convocatoria para superar o segundo exercicio do proceso selectivo, unha vez feitas as deducións previstas.
Para os/as aspirantes que acceden pola cota de reserva de persoas con discapacidade, base I.1.1, mantense en sete (7) o número de respostas correctas precisas para acadar a devandita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.
Cuarto. Que, de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017
Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal